Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS NA ORGANIZACIÓN DUNHA XORNADA DE NETWORKING
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS NA ORGANIZACIÓN DUNHA XORNADA DE NETWORKING
A convocatoria diríxese a empresarios, emprendedores e autónomos e o prazo de inscrición remata o 25 de outubro
Narón, 20 de outubro de 2017. O Concello de Narón colabora coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) nun novo encontro entre empresarios, emprendedores e autónomos que se celebrará o vindeiro 27 de outubro no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. As persoas interesadas en participar deben anotarse, de balde, ata o mércores día 25 a través do correo electrónico: info@ajeferrolterra.org ou chamando ao número de teléfono 981 333 322.
A programación desenvolverase en horario de mañá, acreditándose os participantes entre as 9.00 e as 9.15 horas e comezando a xornada de Networking ás 9.15, ata as 10.15. A continuación haberá unha pausa para o café para retomar a sesión de Networking de 10.45 a 11.30.
Nestas xornadas participan arredor de medio cento de empresarios, tal e como indicaron desde AJE, que a través destas dinámicas, indican, establecen contactos con outros empresarios, xerando negocio e sinerxias entre eles. Os participantes poden estar vencellados a calquera tipo de sector, ao tratarse dun encontro multisectorial, tal e como subliñaron desde a organización.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal