Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FREMAP BONIFICA AO CONCELLO POLA BAIXA SINISTRALIDADE LABORAL NO ANO 2016
O Consistorio recibirá una partida de 5.831 euros polo citado concepto, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 20 de outubro de 2017. A Dirección Xeral da Seguridade Social autorizou a través dunha resolución, bonificar ao Concello de Narón cunha partida de 5.831,22 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2016. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá no seu despacho ao director da delegación de Ferrol da mutua Fremap, Pablo del Río, e a Agustín Rubio, técnico da citada compañía, que lle entregaron unha mención honorífica á rexedora local. No acto estivo tamén presente David Corral, responsable de Seguridade e Saúde Laboral do Concello de Narón. No documento, emitido a modo de diploma, faise constar o feito de que o Concello de Narón distinguíuse na contribución da redución da sinistralidade laboral, de acordo cos requisitos establecidos legalmente. O director da delegación de Ferrol de Fremap felicitou á rexedora polo traballo desenvolvido no Concello en materia de prevención, na área de seguridade, e valorou o feito de que ano tras ano se premie ao Consistorio por ese motivo. Desde o ano 2010 o Concello naronés recibiu periodicamente diferentes contías en concepto da diminución e prevención da sinistralidade laboral. Nos seis anos anteriores percibiu un total de 25.932,03 euros, aos que agora se suma esta partida correspondente ao pasado exercicio. A realización de actividades preventivas e accións formativas sobre riscos laborais dirixidas ao persoal que traballa no Concello, nomear a un responsable de prevención na área, e vixiar a saúde dos traballadores e traballadoras, entre outros, foron algunhas das cuestións a ter en conta á hora de conceder este recoñecemento ao Concello. O Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Concello de Narón constituíuse no ano 2005 e do mesmo forman parte os edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Ibán Santalla, e tres funcionarios: Xosé Henrique Calvo, María José González e Manuel Bello. A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o recoñecemento de Fremap aos seus representantes e tamén destacou o traballo do persoal do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Concello e a colaboración, “fundamental”, subliñou, de todo o persoal do Consistorio.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal