Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PROGRAMA MUNICIPAL CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS AVANZA COA IMPLANTACIÓN DUNHA APP INFORMATIVA OPERATIVA NO CEIP PIÑEIROS
O PROGRAMA MUNICIPAL CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS AVANZA COA IMPLANTACIÓN DUNHA APP INFORMATIVA OPERATIVA NO CEIP PIÑEIROS
O dispositivo permite a preto de douscentos escolares do centro identificarse á súa chegada e comunicar aos pais e nais a través dun correo electrónico que os menores están xa no interior do colexio
Narón, 24 de outubro de 2017. O proxecto Camiños Escolares Seguros, impulsado a través da Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, que preside o edil Guillermo Sánchez Fojo, continúa avanzando na cidade. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e as edís de Novas Tecnoloxías e Ensino, Natalia Hermida e Mercedes Taibo, respectivamente, desprazáronse ao centro con Sánchez Fojo con motivo da posta en marcha dunha novidosa aplicación deste programa e da instalación dun check point no CEIP de Piñeiros. Un total de 180 alumnas e alumnos do citado centro participan activamente nesta nova iniciativa, identificándose cunha pulseira á súa chegada ao centro e conseguindo unha serie de puntos que poderán canxear por agasallos. Os representantes do goberno local amosaron a súa satisfacción polo bo funcionamento deste novo dispositivo. A alcaldesa agradeceu a colaboración “do alumnado, das súas familias e dos propios centros nos que cada ano tratamos de implantar novas propostas similares, encamiñadas a mellorar a seguridade viaria nas inmediacións dos colexios e, sobre todo, nas horas de entrada e saída, apostando por retirar os vehículos das proximidades destes centros para evitar posibles situacións de perigo”.
As nenas e nenos de Infantil e Primaria –de 3 a 11 anos- que solicitaron no centro participar nesta proposta recibiron unha pulsera co logo de “Pegadas”, a mascota do programa, cun dispositivo que lles permite identificarse no check point á súa chegada ao colexio. Os pais e nais reciben en tempo real un correo electrónico no que se lles informa de que o menor está xa no centro educativo. Pero a maiores, o feito de participar no programa Camiños Escolares Seguros, realizando o percorrido ata o centro a pé desde as súas casas e agora identificándose coa pulseira, concédelles aos escolares unha “pegada” cada día que se rexistran no check point, que a modo de punto permitiralles canxealos por agasallos –ao reunir unha cantidade determinada- en varios establecementos comerciais da cidade. A Asociación de Comerciantes de Narón e responsables doutros establecementos non vencellados á entidade ultiman xa un catálogo no que se ofrecerán os posibles agasallos, que irán, tal e como avanzaron, desde descontos nos establecementos ata viaxes, entradas de cine, xoguetes, roupa… e tamén desde o Padroado da Cultura de Narón se darán entradas para algún dos espectáculos programados no Pazo.
O concelleiro de Seguridade Cidadá explicou que proximamente, ao check point instalado no colexio de Piñeiros “sumaranse outro no Jorge Juan e dous máis no centro Ponte de Xuvia” e avanzou que no último trimestre do curso está previsto realizar unha proba piloto nun dos centros con máis alumnado do municipio, o da Solaina.
“O Concello de Narón iniciou hai moitos anos un camiño en materia de Seguridade Viaria nos centros escolares que ano tras ano vai ampliándose e no que os escolares, as familias, a comunidade educativa e o goberno local imos avanzando cun obxectivo común, que non é outro que o benestar dos nenos e nenas e a súa máxima seguridade á hora de entrar e saír dos colexios, evitando aglomeracións de vehículos ás portas dos mesmos, co risco que iso pode supoñer”. Con ese mesmo fin o equipo de Educación Viaria do Concello impulsou o programa “Bica e arrinca” e habilitáronse tamén desde o Consistorio os estacionamentos disuasorios nas inmediacións dos colexios Ponte de Xuvia e Piñeiros, estando pendente outro proxectado na Solaina.
Marián Ferreiro recordou que Narón “é un Concello que en materia de Educación Viaria obtivo xa varios recoñecementos, algúns deles a nivel nacional, algo que foi posible grazas á colaboración de todas esas persoas que se implican nos proxectos que poñemos en marcha desde o Consistorio”. A alcaldesa comprometeu o apoio do equipo de goberno a outras iniciativas vencelladas con esta área, subliñando a importancia da prevención e formación en materia de educación e seguridade viarias.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal