Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PARA ABORDAR VARIAS OBRAS DO MUNICIPIO
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PARA ABORDAR VARIAS OBRAS DO MUNICIPIO
Marián Ferreiro interesouse ante González Formoso por viais provinciais da cidade, como as estradas do Feal, San Xiao e o Trece e tamén incidiu na necesidade de solventar problemas detectados nas obras en execución da avenida de Santa Icía
Narón, 25 de outubro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, co que mantivo un encontro –tras reunirse con técnicos da citada administración- no que tamén participaron os portavoces municipais do BNG, Pablo Villamar e do PSOE, Catalina García. A alcaldesa -á que González Formoso felicitou persoalmente hoxe polo seu cargo á fronte do goberno local- valorou a xuntanza mantida esta mañá no seu despacho, na que se abordaron diferentes asuntos de interese para a cidade nos que están traballando desde ambas administracións.
A primeira cuestión abordada foi o proxecto da estrada do Feal (DP-5407), sobre a que desde a Deputación informaron dos avances en marcha para realizar diversas melloras. “Este é un tema fundamental e para o que desde o Concello ofrecemos, como no resto dos casos, total colaboración co fin de executar un proxecto sobre que está en fase de estudo pero que confiamos en que poida materializarse canto antes”, asegurou Ferreiro. A rexedora local valorou o feito de que os trámites “están en bo camiño, o que é unha satisfacción para nós porque é unha obra tamén moi importante para o noso concello”. Ao respecto o presidente da Deputación asegurou que “o Concello ten un importante compromiso de asumir a titularidade deste vial, sempre que a Deputación o ceda nas condicións oportunas”.
Así mesmo, Ferreiro interesouse polas obras pendentes na estrada de San Xiao (DP-5401), confirmándolle os representantes da administración provincial que en breve se habilitará unha senda peonil nas inmediacións da igrexa a modo provisional e á espera de que canto antes se materialice o proxecto de mellora do citado vial. “É preciso acometer canto antes melloras neste vial, moi transitado e con varios puntos negros, para deste xeito garantir a seguridade tanto de conductores como de peatóns”, indicou a alcaldesa.
A rexedora local recordou respecto ás obras da Estrada do Trece (DP-5404), actualmente en execución e nas que a administración provincial está a invertir algo máis dun millón de euros que o Concello colabora tamén en materia de servizos. Sobre este vial Formoso indicou que se prevé que os traballos estean finalizados en xuño do vindeiro ano. “Trátase dunha importante actuación en materia de seguridade viaria nun vial que pasará a ter nove metros de ancho e que antes tiña cinco”, explicou o presidente da Deputación.
A alcaldesa aproveitou tamén a visita de Formoso para incidir na urxencia de solucionar dos problemas detectados nas obras que a Deputación acomete na avenida de Santa Icía, concretamente na zona da ponte sobre a vía do tren e sobre as que Valentín se comprometeu a solventar a situación. “Os servizos pertinentes da administración provincial teñen as instrucións necesarias para arranxar a situación á maior brevidade posible”, asegurou.
Entre os asuntos abordados na reunión de hoxe estivo tamén a cuncha acústica do Pazo da Cultura, que se prevé que poida estar operativa a partir do 1 de decembro, tal e como indicou a alcaldesa de Narón. Neste caso o investimento, que ronda os 300.000 euros, sufragaráo a Deputación nun 80%, tras realizarse as pertinentes xestións desde o goberno local.
A rexedora local e o presidente da Deputación desprazáronse ata a estrada do Trece ao finalizar a reunión, para comprobar a evolución dos traballos que alí se executan. Foron tamén á visita os portavoces municipais do PSOE e BNG e o edil de Obras de Narón, Pablo Mauriz, así como o exalcalde naronés, José Manuel Blanco, convidado pola Deputación da Coruña. Para o exrexedor local tivo tamén Formoso palabras de agradecemento, subliñando que “se comportou sempre como un auténtico señor”. A modo de exemplo, o presidente da administración provincial recordou que “nalgún caso con expedientes dificultosos soubo esperar e amosou a súa enorme xenerosidade e do seu equipo de goberno, polo que agradezo o seu trato e a súa paciencia”.
A alcaldesa de Narón agradeceu a Formoso “o traballo realizado polo seu equipo de goberno e a equidade desta administracións en temas como o Plan Único, a través do que se executan destacadas e necesarias actuacións neste concello”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal