Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA CATRO ACTIVIDADES DE BALDE ENMARCADAS NO PROGRAMA APEGO
O CONCELLO CONVOCA CATRO ACTIVIDADES DE BALDE ENMARCADAS NO PROGRAMA APEGO
As sesións terán lugar no mes de novembro e será preciso inscribirse previamente, ao tratarse de prazas limitadas, tal e como indicou a edil de Ensino, Mercedes Taibo
Narón, 26 de outubro de 2017. O Concello de Narón, a través do Servizo de Normalización Lingüística convoca catro actividades enmarcadas no programa Apego –dirixido ás familias inscritas no mesmo- que terán lugar o vindeiro mes de novembro. Así o avanzou a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, que animou ás familias que forman parte deste proxecto a participar nas mesmas xunto coas súas fillas e fillos e que se desenvolverán en varias instalacións municipais. “Trátase de propostas de balde pero para as que é preciso anotarse previamente, e coas que tentamos ofrecer ás nenas e nenos de menor idade e ás súas familias unha serie de espectáculos para menores cun macado carácter cultural a través do teatro, contos populares e cancións, entre outras propostas”, indicou Taibo. As persoas interesadas en asistir deberán anotarse a través do correo electrónico: a.pita@naron.es, indicando o nome da actividade, e o nome e a idade do menor e da persoa adulta que o acompañará ao espectáculo, tal e como recordou a concelleira naronesa.
A primeira das convocatorias será o 4 de novembro na Biblioteca municipal a partir das 11.00 horas e está baseada no contacontos teatral, a través do que se fomenta a lectura. O ratiño presumido de Trinke Trinke é o título desta proposta, protagonizada por Lilí Gruyère, a artista máis internacional entre as ratiñas e ratiños, e o rato Fuco, o seu veciño. Lilí recibirá o encargo de dirixir o musical A ratiña presumida, un traballo no que contará coa axuda do seu amigo Fuco, e decidirán facer unha versión propia, titulada O ratiño presumido, que representarán os pais e nais asistentes e o propio Fuco. O espectáculo diríxese a nenas e nenos de 3 a 8 anos e ás súas familias, estando limitado o aforo a un máximo de trinta menores, que deberán estar acompañados por unha persoa adulta.
Contos para bebés de Pavís Pavós é a segunda das propostas desta iniciativa. Neste caso a cita será o día 10 de novembro, con dúas sesións, unha a partir das 17.30 horas e outra que comezará ás 18.30 no Centro Cívico Social do Alto. Os menores de 0 a 4 anos e as súas familias son os destinatarios desta proposta –con aforo limitado a vinte nenas e nenos- e na que os asistentes escoitarán pequenas historias adaptadas ás citadas idades e nas que se tratan temas cotiás enlazados con ditos e cancións tradicionais.
O día 17 de novembro o Centro Cívico Social de Piñeiros acollerá o terceiro dos espectáculos deste programa. A miña primeira viaxe de Xarope Tulú é a obra que protagonizarán Atenea García e Nicolás Zamorano, Xarope Tulú, pensada para nenas e nenos de 2 a 6 anos –cun máximo de 35 prazas-. Esta peza teatral sobre o comezo da vida iniciarase ás 18.00 horas e durante algo máis de media hora os asistentes coñecerán unha interesante historia protagonizada por un neno que viaxa nunha cápsula á procura da súa identidade.
Por último, o 30 de novembro terá lugar no Centro Cívico Social da Gándara o espectáculo A falta de pan, bos son contos de Atenea García. A partir das 18.00 horas, os menores de entre 3 e 6 anos –un máximo de 35- escoitarán unha serie de contos “da fartura”, cos que un grupo de avoas tentaban despistar un “furadiño” que había nos seus estómagos e non lles deixaba xogar a gusto.
A edil naronesa animou ás veciñas e veciños interesados en asistir a inscribirse nesta proposta canto antes, ao tratarse de prazas limitadas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal