Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA RECIBIU HOXE A UNHA TÉCNICA PROCEDENTE DE MOZAMBIQUE QUE PARTICIPA NUN PROGRAMA DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
 A ALCALDESA RECIBIU HOXE A UNHA TÉCNICA PROCEDENTE DE MOZAMBIQUE QUE PARTICIPA NUN PROGRAMA DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE
Ailina de la Marta reuniuse coa rexedora local, Marián Ferreiro, e coa edil de Acción Social, Catalina García, e intercambiará nos vindeiros días experiencias sobre urbanismo, saneamento e medio ambiente con persoal municipal
Narón, 26 de outubro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Acción Social, Catalina García, recibiron esta mañá no Concello a Ailina da Marta Feniosse, unha topógrafa de 24 anos procedente do municipio de Vila de Mandlakazi, en Mozambique. A rapaza participa no programa “Vacacións con traballo en Galicia 2017”, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. En virtude ao mesmo, Ailina da Marta intercambiará desde hoxe e ata o vindeiro luns, día 30, experiencias con outros profesionais sobre as áreas de medio ambiente, saneamento, planificación urbanística e estradas. Ferreiro deu a benvida a Narón á técnica mozambiqueña, á que desexou unha agradable estadía no municipio tras ensinarlle algunhas dependencias municipais e tamén ofrecerlle a colaboración precisa desde a administración local para ampliar a súa formación nas áreas citadas anteriormente.
A topógrafa mozambiqueña realizou hoxe unha presentación no Concello sobre o traballo que realiza no seu municipio de orixe. Ademáis da alcaldesa e a edil de Acción Social presenciou a cita o arquitecto municipal, Manuel Otero, que xunto con persoal do departamento municipal de Urbanismo e doutras áreas acompañará a Ailina da Marta a visitas programadas nos vindeiros días ao polígono de Río do Pozo, aos tanques de tormentas construídos polas obras do saneamento e a outras infraestruturas e instalacións. “Agardo que coa miña estadía no programa Vacacións con Traballo en Galicia poida recoller experiencias doutros concellos nos eidos mencionados e achegar a maior contribución á vila de Mandlakazi grazas aos coñecementos adquiridos”, asegurou.
Catalina García destacou “a forza e a valentía dunha muller que aos 24 anos é topógrafa e que fai un traballo que hai anos se reservaba exclusivamente aos homes pero que hoxe en día afortunadamente levan a cabo moitas mulleres, contribuíndo como no caso de Ailina a mellorar o seu país de orixe”.
Finalmente Ferreiro destacou tamén a labor da profesional mozambiqueña e subliñou a importancia desta iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en canto “permitirá reforzar a capacidade dos municipios de países con menos recursos, diminuíndo as desigualdades que moitas veces se rexistran entre os mesmos”. “Trátase dun paso que resulta fundamental para que desde os concellos dos países con menos recursos poidan avanzar en beneficio das súas veciñas e veciños, algo posible tamén grazas á implicación de persoas como Ailina que nos acompañará estes días no municipio de Narón para adquirir novas experiencias e compartir as súas propias en materias como saneamento ou urbanismo, entre outras”.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que cumprirá este ano o seu vixésimo aniversario, está formado por un total de noventa concellos, entre eles o de Narón, e as Deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal