Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O 2 DE NOVEMBRO O PRAZO PARA PRESENTAR IMAXES AO "VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
A rexedora local, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron esta mañá o certame, que repartirá un total de 1.200 euros en premios
Narón, 27 de outubro de 2017. A Concellería de Turismo convoca a oitava edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. A alcaldesa a cidade, Marián Ferreiro, e a edil responsable da área de Turismo, Natalia Hermida, anunciaron esta mañá que o certame se desenvolverá entre os días 2 e 17 de novembro e repartirá un total de 1.200 euros en premios. As persoas interesadas en participar deberán presentar imaxes –un máximo de tres- nas que se perciba a riqueza do municipio. A temática pode ser sobre diferentes áreas, como patrimonio monumental e arqueolóxico, espazos naturais de interese, lecer, cultura, festas populares ou tecnoloxía, sendo un requisito de obrigado cumprimento que o lugar ou o seu entorno sexan do Concello de Narón e recoñecibles como tal, según se recolle nas bases. O xurado estará formado por profesionais da fotografía e un representante do Concello e valorará cun máximo de trinta puntos cada unha das fotografías, dotando con ata 15 puntos a calidade técnica-artística; cun máximo de 10 a orixinalidade e ata 5 o grao de representatividade do Concello. O primeiro premio será de 750 euros; o segundo de 300 e o terceiro de 150, tal e como indicou Natalia Hermida. As fotografías deben presentarse no Rexistro do Concello –na entrada- ou no quinto andar, entre as 8.30 horas do día 2 de novembro e as 13.30 do día 11 do mesmo mes. Ao ter que entregalas cun pseudónimo, unha vez rematado o prazo de presentación establecido publicarase na web do Concello o listado dos pseudónimos dos participantes e o fallo do xurado tamén se fará público na citada web. “A maiores das tres imaxes que resulten premiadas neste concurso, outras nove das mellor puntuadas empregaranse para ilustrar un calendario de sobremesa que a Concellería de Turismo editará para o ano 2018”, explicou Hermida. A edil naronesa animou á cidadanía a participar neste certame “co que ano tras ano apostamos por dar a coñecer algúns dos múltiples encantos da nosa cidade”. As persoas interesadas en consultar as bases completas desta convocatoria poden facelo a través da páxina web do Concello de Narón: www.naron.es ou no Boletín Oficial da Provincial (BOP) de hoxe venres, donde xa están publicadas. Para calquera aclaración pódese chamar ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1517). A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o éxito deste certame, “no que cada ano participan máis persoas de Narón e comarca pero tamén doutros concellos, o que nos anima a continuar traballando día a día para respaldar iniciativas deste tipo e promocionar turísticamente o noso concello”.
Descarga de archivos
Bases do concurso
Tamaño:79,05 KB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal