Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA E A AVV "A NAVEIRA" ORGANIZARON OS ACTOS DA RECREACIÓN DA ESFOLLA TRADICIONAL DE DOSO
O PADROADO DA CULTURA E A AVV
A celebración terá lugar o vindeiro 11 de novembro na pista polideportiva de Doso e nas súas inmediacións, con diversas actividades e música tradicional
Narón, 8 de novembro de 2017. A parroquia naronesa de Doso acollerá un ano máis a celebración da Recreación da Esfolla Tradicional, un evento organizado polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Asociación de Veciños “A Naveira”, de Doso. A cita será o vindeiro sábado, día 11, a partir das 17.00 horas e consistirá en varias actividades que se sucederán durante a tarde/noite na pista polideportiva de Doso e nas súas inmediacións. Nos últimos días a veciñanza da parroquia está ultimando xa os preparativos, concretamente recollendo as mazarocas de maínzo, para que todo estea listo de cara a esta celebración popular, que reúne cada ano na citada parroquia naronesa a centos de persoas. “Un ano máis, desde o Padroado da Cultura queremos agradecer a boa disposición das veciñas e veciños que fan posible que esta tradición da nosa cultura se manteña no tempo na parroquia de Doso”, asegurou a presidenta do organismo e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro.
Ás 17.00 horas dará comezo a programación deseñada para a Recreación da Esfolla Tradicional, coa saída da comitiva de carros de maínzo, que partirá do rueiro da Braña ata a pista polideportiva de Doso, donde se instalará unha gran carpa. Nos carros trasladaranse as mazarocas que esfollarán durante a tarde os asistentes a este evento festivo, cun marcado carácter de recuperación da cultura galega. A música e danza tradicional cobrarán tamén especial protagonismo neste acto, e correrá a cargo dos grupos do Padroado da Cultura, que amenizarán a chegada da comitiva dos carros e o proceso de esfolla do maínzo, e de Os D´Abaixo, formación folk que pechará o apartado musical desta celebración.
As actividades programadas para a ocasión contemplan ademáis un obradoiro de bolas de sartén, que cociñarán veciñas e veciños da zona utilizando como ingredientes fariña milla e auga, e que se servirán aos asistentes. Tamén haberá un concurso de sobremesas, neste caso elaboradas tamén pola veciñanza nas súas casas con produtos de tempada e que se servirán ao público durante a tarde, unha vez rematado o certame.
E ao longo da tarde os asistentes terán a oportunidade de ver unha exposición de bonecos de follas de maínzo realizados por escolares –nuns obradoiros impartidos para alumnado de quinto e sexto de Primaria en centros escolares da localidade a través do Padroado da Cultura de Narón- e tamén se poderán aprender a realizar estes bonecos en Doso, nun obradoiro programado para o sábado e aberto á participación da cidadanía en xeral.
A presidenta do Padroado da Cultura animou á cidadanía en xeral a asistir a este evento festivo para así “desfrutar dunha tarde cargada de actividades relacionadas co mundo agrario e as tradicións galegas e dirixidas a persoas de diferentes idades”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal