Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ESTADO CONCEDE A NARÓN UNHA SUBVENCIÓN PARA EXECUTAR O PROXECTO DE ADMINISTRACIÓN DIXITAL
O ESTADO CONCEDE A NARÓN UNHA SUBVENCIÓN PARA EXECUTAR O PROXECTO DE ADMINISTRACIÓN DIXITAL
O goberno municipal porá en marcha un plan para realizar os trámites administrativos a través de Internet.
Narón, 8 de Xullo de 2008.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de aceptar unha subvención de 80.000 euros do Ministerio de Administracións Públicas (MAP), para executar o Plan de Modernización do Concello de Narón.

A Edil responsable desta delegación non ocultou a súa satisfacción por esta achega, solicitada polo Concello de Narón o pasado 31 de marzo e que agora ven a ser confirmada polo MAP. O goberno central aportará esta subvención con cargo ó Programa de Cooperación Económica Local do Estado correspondente ó ano 2008. Dende o Concello de Narón xa se comunicou por carta ó Ministerio de Administracións Públicas a aceptación desta subvención, requisito imprescindible para poder acceder á mesma.

O Plan de Modernización do Concello de Narón foi presentado públicamente ós medios de comunicación o pasado 4 de abril de 2008, e ten como obxectivo fundamental a adaptación da rede informática do Concello ás novas tecnoloxías da información, para facer accesible ós cidadáns os servizos municipais sen ter que desprazarse ata a Casa Consistorial. Deste xeito, poderanse levar a cabo a través de Internet trámites coma o pago de impostos, a solicitude de licenzas e permisos de obra, o cambio de enderezo, a solicitude de axudas sociais ou os permisos medioambientais. É o que se coñece coma “administración electrónica”.

Para facer realidade este proxecto, o Concello convertirá a súa páxina web municipal nunha ventanilla única de solicitude de información, reducindo ó máximo os trámites que deben realizar os cidadáns coa administración local. Estos procedementos gozarán da máxima validez legal ó estar avalados polo certificado dixital ou a firma dixital.

O prazo previsto para levar a cabo este proxecto é dun ano e medio, de xeito que a finais de 2009 poida estar funcionando a administración dixital. Por en práctica o Plan de Modernización do Concello de Narón require unha inversión económica de 200.000 euros, dos que a administración local aportará 120.000 e o Estado os 80.000 restantes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal