Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA CINCO OBRADOIROS DE COCIÑA SAUDABLE DIRIXIDOS A PERSOAS MAIORES DA CIDADE
O CONCELLO CONVOCA CINCO OBRADOIROS DE COCIÑA SAUDABLE DIRIXIDOS A PERSOAS MAIORES DA CIDADE
A edil de Promoción Social, Teresa Sabio, destacou o feito de que se poderán beneficiar desta convocatoria, que se desenvolverá nas zonas urbana e rural, un centenar de persoas
Narón, 9 de novembro de 2017. A Concellería de Promoción Social abriu o prazo de inscrición en cinco obradoiros de Cociña Saudable que se impartirán en instalacións da zona urbana e rural do municipio. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Teresa Sabio, que indicou que as sesións desenvolveranse entre este mes e o de decembro e destacou o feito de que poderán participar nas mesmas un total de cen persoas, preferentemente maiores e de Narón.
A iniciativa ten como finalidade que os participantes adquiran unha serie de hábitos de vida saudables sobre alimentación e nutrición, mellorando deste xeito a súa calidade de vida. Os obradoiros impartiranse, ao formarse os grupos cun mínimo de persoas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros –os mércores e venres de 9.00 a 13.00 horas, con dous grupos-: no local social de Piñeiros –os luns de 18.00 a 20.30 e os xoves de 10.00 a 11.30-; na Fundación Terra de Trasancos, no Val –os xoves de 16.00 a 19.00- e no Centro Cívico da Solaina –os luns de 10.30 a 12.30 e os martes de 16.00 a 18.00-. As previsións son que estes obradoiros comecen o día 16 de novembro no Val; o 20 en Piñeiros; o 27 na Solaina e o 29 no Manuela Pérez Sequeiros.
Os participantes adquirirán coñecementos básicos sobre nutrición, recibirán orientación sobre como realizar as compras e almacenar e cociñar os diferentes alimentos, nocións sobre o etiquetado e tamén de hábitos alimentarios e cociña saudables. Os beneficios da actividade física serán tamén un tema a abordar nestes obradoiros, nos que se incidirá na importancia de combinar unha alimentación saudable coa práctica de actividade física.
As persoas interesadas en apuntarse poden facelo nos propios locais nos que se desenvolverá a actividade. Así mesmo, para recibir máis información ou solicitar o modelo de inscrición pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello, ou a través do número de teléfono 981 337 700 (extensión: 1113).
A concelleira de Promoción Social animou ás veciñas e veciños maiores do municipio a anotarse nesta iniciativa “na que de seguro terán a oportunidade de recibir información moi valiosa para o seu día a día e que a pesares da súa utilidade e importancia para mellorar a nosa calidade de vida, en ocasións, descoñecemos”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal