Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIA NA PRAZA DA GÁNDARA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA PRAZAS VIVAS
O CONCELLO INICIA NA PRAZA DA GÁNDARA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA PRAZAS VIVAS
As actividades, que consistirán en nove obradoiros, comezarán o 11 de novembro e prolongaranse ata finais de ano para culminar o 5 de xaneiro coa Cabalgata Solidaria, tal e como recordou a edil de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 9 de novembro de 2017. A praza da Gándara é a ubicación elixida para iniciar este ano o programa Prazas Vivas, presentado esta mañá pola concelleira de Acción Social e Participación Cidadá, Catalina García. A iniciativa constará dun total de nove obradoiros que se impartirán –en función do espazo- en cinco zonas do núcleo urbán e tres do rural da cidade, tal e como apuntou a edil.
Os obradoiros son de participación libre e de balde e serán sobre Grafite, Baile, Circo e puzles xigantes, Chapas, Participación na carroza, Deslizamento, Xincana deportiva, Globoflexia e Pintacaras. As citas serán sempre en horario de 16.30 a 18.30, tal e como apuntou García, e as ubicacións previstas inicialmente son o día 11 de novembro na Praza da Gándara; o 18 no parque do paseo marítimo de Xuvia; o 25 no Centro Cívico Social do Val; o 2 de decembro na pista e o parque Amalia Díaz, no Alto; o 9 na Praza da Constitución, na Solaina; o 23 no Parque de Freixeiro; o 27 no Centro Cívico Social de San Xiao e o 30 de decembro nas instalacións da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso. En caso de choiva, a organización conta con espazos alternativos para desenvolver estes obradoiros, que se comunicarán coa suficiente antelación, tal e como apuntou a concelleira naronesa.
“Con estes obradoiros impulsamos unha nova actividade solidaria, xa que as veciñas e veciños que acudan aos mesmos terán a oportunidade de doar alimentos non perecedeiros nas diferentes ubicacións donde terán lugar”, explicou García. A edil recordou ao respecto que os produtos se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.
E ao mesmo tempo que se desenvolven os obradoiros, a veciñanza de Narón ten a oportunidade de participar nos obradoiros previos da construción das carrozas que formarán a comitiva da citada cabalgata. Con esta finalidade estanse organizando nos diferentes barrios e parroquias unha serie de sesións de dinamizacións para que as naronesas e naroneses constrúan as carrozas. A edil de Acción Social e Participación Cidadá indicou ao respecto que se trata de que “cada barrio impulse unha temática diferente que represente a diversidade do noso concello”.
En conxunto, a través do programa Prazas Vivas “tentamos de afastar a visión consumista da tempada do Nadal, primando os valores solidarios entre a veciñanza e colaborando con aquelas familias que máis o necesitan, ao tempo que gozamos dunhas actividades nas que nenos e maiores compartan un período de aprendizaxe e ocio”, destacou García. A concelleira agradeceu a colaboración de tódalas entidades e particulares e animou á veciñanza a participar nestes obradoiros, “ao igual que o fixeron en anos anteriores, donde se implicaron moitas veciñas e veciños de Narón”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal