Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA COLABORA NUNHAS XORNADAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL QUE SE CELEBRARÁN NO PAZO
O PADROADO DA CULTURA COLABORA NUNHAS XORNADAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL QUE SE CELEBRARÁN NO PAZO
As persoas interesadas en participan poden anotarse na convocatoria, que se desenvolverá o 18 de novembro e que non suporá custo algún para os asistentes
Narón, 13 de novembro de 2017. O Padroado da Cultura de Narón colabora coa Asociación de Gaiteiros Galegos na organización dunhas Xornadas de Percusión Tradicional. A convocatoria desenvolverase o vindeiro sábado, día 18, no Café Teatro do Pazo da Cultura e consistirá nunha serie de obradoiros que impartirán varios profesionais da música, tal e como indicou a presidenta do Padroado e alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro. “A percusión de man centrará estas xornadas, dirixidas a persoas interesadas en adquirir unha serie de coñecementos básicos sobre varios instrumentos musicais e, ao tempo, poñer en contacto a diferentes persoas vencelladas á música tradicional galega”, destacou Ferreiro.
O programa previsto para estas Xornadas de Percusión Tradicional comezará ás 10.00 horas coa entrega de documentación e a partir das 10.30 iniciarase o primeiro dos obradoiros, sobre “O pandeiro cadrado na Galiza”, a cargo de dous profesionais da percusión, Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio. Ás 13.10 horas haberá un descanso e ás 13.20 presentarase en primicia a publicación O tamborileiro técnico, de Marcos Saburido, Kinhos. O autor estará acompañado no acto de presentación por Juan Luna, director da Escola de Música Tradicional Galega “A Pintega Marela”, editora do libro.
Xa pola tarde, a partir das 16.15 horas comezará o segundo dos obradoiros, “Achegamento á pandeireta en Galicia: ritmos”, a cargo de Xermán Muíños e ás 18.30 terá lugar o último, sobre “Pandeireta e canto en Bergantiños”, con Fransy González.
As persoas interesadas en recibir máis información sobre as xornadas ou inscribirse –son de balde- poden facelo a través dos números de teléfono 986 847 074 ou 982 229 966, ou enviando un correo electrónico á dirección: secretaria@gaiteirosgalegos.gal, sendo preciso facilitar nome e apelidos e un teléfono de contacto. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Esta convocatoria está subvencionada pola Deputación da Coruña.
Ferreiro animou ás persoas interesadas na percusión tradicional galega a inscribirse nestas xornadas “coas que tamén desde o Padroado da Cultura contribuiremos na difusión da música e dos instrumentos tradicionais”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal