Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA VALOROU O COMPROMISO DO CONSELLEIRO DE SANIDADE DE LICITAR EN BREVE AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE
A ALCALDESA VALOROU O COMPROMISO DO CONSELLEIRO DE SANIDADE DE LICITAR EN BREVE AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE
A rexedora local, Marián Ferreiro, presidiu co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, o acto de presentación do proxecto do novo centro de saúde
Narón, 14 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro presidiu co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, o acto de presentación do proxecto do novo centro de saúde de Narón, que se construirá nunha parcela situada nas inmediacións da estrada de Castela, localizada entre o Concello e a glorieta de Freixeiro. Á convocatoria, que tivo lugar nas inmediacións dos terreos donde se localizará o edificio, acudiron tamén o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro; o xerente da Xestión Integrada de Ferrol, Ángel Facio, persoal do Sergas e integrantes da corporación local de Narón, entre eles o edil de Sanidade, Octavio Dopico, e tamén o exalcalde naronés, José Manuel Blanco. O conselleiro asegurou que “estamos con todos os trámites para que a Axencia Galega de Infraestuturas faga xa a licitación da obra e poida poñerse en marcha”. Os traballos licitaranse por un importe de 5.476.294 euros, dos que o Concello aportará, en tres anualidades, 1,4 millóns de euros e recibirá, unha vez comecen a funcionar as novas instalacións, o edificio do actual centro de saúde, localizado nas inmediacións da rúa 25 de Xullo.
O Concello de Narón cedeu á Xunta unha parcela de 6.142 metros cadrados para construír o novo centro de saúde. A edificación terá unha superficie que rondará os 4.300 metros cadrados e disporá de 14 consultas de medicina xeral, 12 de enfermería, dúas de farmacia, despachos para o traballador social, consultas de docencia, salas polivalentes e un área pediátrica, entre outras. Persoal técnico da Consellería explicou ademais que este edificio terá tres accesos: un para ao PAC, outro intermedio para o centro de saúde con acceso para ambulancias e un terceiro máis porticado. O exterior da construción será de aluminio e na zona reservada ao PAC atenderase ademáis de ás veciñas e veciños de Narón, aos de Neda e Valdoviño, tal e como se recordou desde a Xunta. “Este centro era necesario en Narón, unha cidade en crecemento e das importantes de Galicia”, asegurou o conselleiro, que confía na pronta licitación da obra e nunha rebaixa nos prazos de execución.
A alcaldesa recalcou que o de hoxe é “un día moi importante para Narón” e aludiu ao gran crecemento poboacional experimentado pola cidade nos últimos anos, destacando a necesidade desta obra. Ferreiro agradeceu á Consellería de Sanidade e, en concreto ao conselleiro a súa “vontade de entendemento”. Así mesmo, agradeceu tamén persoalmente a labor realizada polo seu predecesor no cargo, José Manuel Blanco. Marián Ferreiro subliñou que a aportación comprometida polo Concello, económica e do terreo, “redundará en beneficio de toda a cidadanía de Narón, que é o máis importante”.
Pola súa banda, Vázquez asegurou que “desde o primeiro momento houbo unha rápida posta en común dos obxectivos entre as dúas administracións” e incidiu en que co convenio entre o Concello e a Consellería “gañamos todos e, especialmente, os cidadáns de Narón”. “É moi importante mellorar a calidade do servizo dos cidadáns pero tamén o espazo de traballo dos profesionais sanitarios, tal e como dixo a alcaldesa”, recordou Vázquez. O conselleiro de Sanidade agradeceu a implicación que tivo o Concello desde o primeiro momento co anterior alcalde, José Manuel Blanco, e tamén coa actual alcaldesa, Marián Ferreiro, para que o proxecto do novo centro de saúde sexa unha realidade.
A rexedora local amosou ao remate do acto a súa confianza en que, tal e como manifestou Vázquez, “este novo centro sexa unha realidade o antes posible”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2017 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal