Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ESCRITORES ANTONIO LOZANO E NICOLÁS CASTELLANOS PRESENTARON DOUS LIBROS NO PAZO
OS ESCRITORES ANTONIO LOZANO E NICOLÁS CASTELLANOS PRESENTARON DOUS LIBROS NO PAZO
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou o acto e moderou a mesa posterior á presentación das publicacións Me llamo Adou, de Nicolás Castellanos, e Eu son Suleiman, de Antonio Lozano
Narón, 15 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu o acto de presentación dos libros Me llamo Adou, de Nicolás Castellanos, e Eu son Suleiman, de Antonio Lozano. A cita deu comezo ás 20.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura e trala presentación dos libros o público asistente participou no debate posterior, moderado tamén pola alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, organismo este último que organizou o acto.
Ferreiro iniciou a súa intervención agradecendo a presencia en Narón dos autores destas dúas publicacións, dos que ademais destacou a súa dilatada traxectoria profesional e o seu gran coñecemento do tema da migración, entre outros. Así mesmo, recordou que a convocatoria se organizou con motivo da trixésimo terceira edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil programada no Pazo da Cultura e que contempla anualmente representacións teatrais para máis de 6.000 estudantes de Narón e comarca.
“Os libros Eu son Suleiman y Me llamo Adou achegan ao lector conmovedoras historias en primeira persoa. Historias que reficten a desesperación de mulleres e homes, e tamén nenas e nenos que, forzados por determinadas situacións, se ven practicamente obrigados a fuxir dos seus países de orixe na procura dunha vida mellor para eles e as súas familias”, indicou. Tamén destacou Ferreiro que precisamente esa fuxida “está cargada de sufrimento e desesperación pero tamén de esperanza” e valorou o feito de que Lozano e Castellanos traten nos seus libros “a dimensión máis humana da migración”.
A continuación Ferreiro cedeulle a palabra a Lozano –autor de novelas e textos teatrais e especialista en temas africanos- que nada máis comezar o acto asegurou sentirse “como na casa, rodeado de xente tan querida”. O autor de Eu son Suleiman asegurou que sentiu como unha necesidade falar do tema da emigración desde unha perspectiva concreta, “describindo a viaxe física e xeográfica”. Suleiman, nativo de Mali, emprende a ruta con dous amigos e todos xuntos vivirán varias dificultades, véndose finalmente Suleiman obrigado a ter que regresar a Mali ao non lograr cruzar a fronteira no traxecto entre Senegal e Canarias en caiuco. Lozano explicou que “Suleiman é un personaxe de ficción, pero todo o que lle acontece a el e aos que viaxan ao seu lado é real por desgracia”. O autor da obra subliñou que esta novela “quere dar voz a un rapaz que fai esa viaxe e, ao tempo, convidar ao lector a afondar un pouco no tema da migración”.
A continuación, foi o turno de Nicolás Castellanos –xornalista, autor de varios libros e reportaxes que abordan diversas crisis humanitarias- que falou sobre o libro Me llamo Adou. Tras recoñecer tamén sentirse “moi a gusto en Narón”, Castellanos asegurou que a historia de Adou, o protagonista desta obra, é real. “Ponse a ollada nun menor interceptado por un escáner cando viaxaba dentro dunha maleta, nun control da fronteira do Tarajal”, apuntou, recordando o proceso de contacto coa familia do menor para investigar e tratar de entender os motivos desa viaxe. “A viaxe e brutal porque o pai de Adou foxe dun sitio moi concreto cunha gran crise, Costa de Marfil”, explicou Castellanos, que asegurou que a obra trata tamén de facer reflexionar aos lectores sobre a Lei do Menor e máis concretamente o tema da reagrupación familiar, un proceso que despois de tantos anos aínda non é unha realidade para a familia de Adou. “Trátase de poñer ao lector nunha posición de retagarda e facelo que se plantexe se as leis establecidas para o reagrupamento familiar son xustas ou non”, indicou.
Tralas intervencións do público a alcaldesa de Narón pechou o acto agradecendo de novo a asistencia de Antonio Lozano e Nicolás Castellanos e tamén do público que acudiu ao mesmo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal