Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ AS NOITES DOS VENRES CONCERTOS DE DIVERSOS ESTILOS MUSICAIS, BAIXO O TÍTULO "NOITES NA PRAZA"
Haberá Gospel, Rock, Blues e Folk. O programa comenza mañá con un espectáculo de maxia.
Narón, 10 de Xullo de 2008.- O Padroado de Cultura de Narón ven de presentar o programa “Noites na Praza”, que se celebrará durante este verán na Praza de Galicia –en caso de chuvia, as actuacións serán no Auditorio Municipal-. En total, se trata dun espectáculo de maxia e catro concertos de diferentes estilos musicais coma o folk, o blues e incluso o góspel, todos eles a celebrar nas noites dos venres a partires das 22:00 horas. “Noites na Praza” arrancará mañá coa actuación do dúo Symbiosis, que desenvolverá un espectáculo de maxia a cargo de Dani García e Martin Andersen. O venres 25 de Xullo está prevista a actuación do grupo “Joyful Gospel Choir”, que desenvolverá un concerto de música góspel. Xa no mes de agosto, o venres día 1 será o turno dos grupos MU2 e Riff Raff, que realizarán sendos homenaxes ás bandas internacionais U2 e AC/DC respectivamente. A programación de “Noites na Praza” continuará o venres 8 de Agosto con “Victor Aneiros Band”, que levará a cabo un concerto de Blues. O cartel o pechará o día 15 de Agosto o gaiteiro Xose Manuel Budiño, cunha actuación de música folk. Tódalas actividades están organizadas polo Concello de Narón, en colaboración coa Fundación Caixanova, a Deputación da Coruña, e o Centro Comercial Narón. FESTAS DE VERÁN NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA Por outra banda, hoxe tamén se presentou o cartel oficial das Festas de Verán 2008, que terán lugar a vindeira semana (do 16 ó 20 de Xullo) no paseo marítimo de Xuvia, e que inclúen conciertos con artistas da talla de Ana Belén e Victor Manuel, e bandas de primeiro nivel coma Dover. As Concellerías de Festas, Cultura, e Participación Cidadá uníronse para elaborar esta programación de festexos, todos eles de carácter gratuito. Dende o Concello tamén se habilitarán 6.000 prazas de aparcamento para que os naroneses e tódolos veciños de fora do municipio que así o desexen, poidan disfrutar con comodidade dos eventos programados. Ademáis, para darlle maior realce ás actividades, o Concello tamén presentou hoxe unha camiseta e un pañuelo conmemorativos destos festexos, para que a xente que os leve postos se inunde aínda máis do espíritu festivo. Ambas prendas estarán á venta nun pack, e poderanse mercar na Casa da Cultura, na Oficina Municipal de Turismo e en algúns establecementos hosteleiros, ó prezo simbólico de dous euros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal