Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "IV MARCHA CICLISTA POLA IGUALDADE" REUNIRÁ A 250 ESTUDANTES DE NARÓN E SAN SADURNIÑO
A convocatoria desenvolverase o 17 de novembro e consistirá nun percorrido en bici polas rúas de Narón e a asistencia a un espectáculo no Auditorio municipal, tal e como explicaron a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Igualdade, Teresa Sabio
Narón, 16 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, presentaron a cuarta edición da Marcha Ciclista pola Igualdade. O evento celebrarase mañá na cidade e no mesmo participarán unhas 250 alumnas e alumnos de cinco centros de ensino de Narón e un de San Sadurniño. A rexedora local destacou o feito de que esta convocatoria “sexa xa unha referencia na nosa cidade e logre reunir por unhas boas causas, como a igualdade entre as persoas e contra a violencia de xénero, a tantas mozas e mozos de Narón e, neste caso, tamén de San Sadurniño”. Os escolares que asistirán cursan sexto de Primaria nos centros da Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Gándara e Ayala, de Narón, e no colexio de San Sadurniño, tal e como indicou a edil de Igualdade. Estes últimos virán en autobús ata o Pazo da Cultura, ata donde un camión lles transportará as bicicletas, e posteriormente realizarán o percorrido cos escolares naroneses ata o Auditorio municipal. A saída dos escolares dos seus centros educativos, tal e como indicou Sabio, está prevista para as 10.30 horas e ás 11.15 chegarán nas súas bicicletas ao Auditorio municipal, na Praza de Galicia, tras percorrer diferentes tramos dalgunhas das principais vías da cidade. Unha vez cheguen ao Auditorio, as nenas e nenos recibirán un pequeno avituallamento, nesta ocasión a base de auga e mandarinas, para repoñer forzas trala viaxe en bici. Ás 11.30 horas todos os escolares presenciarán o espectáculo Maxia pola Igualdade para sobre as 12.00 horas partir de novo cara aos seus centros educativos. Ao igual que en anteriores convocatorias, este evento contará un ano máis coa colaboración do Moto Club Fojeteiros e o Clube Ciclista Clásicos Bike Work, que acompañarán aos escolares durante o percorrido en bicicleta. Así mesmo, en canto aos servizos municipais, colaborarán pais, nais e persoal docente dos centros e tamén axentes da Policía Local, integrantes do Speis de Narón e de Cruz Vermella, entre outros. A alcaldesa de Narón recordou que a realización deste evento implicará unha serie de restriccións temporais no tráfico rodado nalgunhas vías do centro, ao paso dos ciclistas, polo que solicitou de antemán desculpas polas posibles molestias que se poidan ocasionar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal