Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA REIBIU OITENTA E DÚAS OBRAS PARA O "IX CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidirá o vindeiro 23 de novembro no Pazo da Cultura o acto de entrega de premios deste certame
Narón, 16 de novembro de 2017. Ao “IX Concurso de Pintura Cidade de Narón” organizado polo Padroado da Cultura de Narón presentáronse un total de oitenta e dúas obras, tal e como indicou a presidenta do organismo e alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro. Das mesmas, trinta e sete optan a catro premios en metálico e as corenta e cinco restantes enmárcanse na categoría Infantil e Xuvenil. O prazo de recepción dos traballos rematou o pasado venres, día 10, e o fallo do xurado darase a coñecer o día 23 de novembro, coincidindo cun acto que se celebrará no Pazo da Cultura con motivo do Día de Narón, festividade local. As obras presentadas a esta convocatoria permanecen expostas no Pazo, donde poderán verse ata o vindeiro 23 de novembro, en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 de luns a venres e tamén os sábados de 10.00 a 14.00. Bodegóns, retratos, paisaxes, animais, e construcións, entre outras, son algunhas das temáticas dos cadros deste concurso. Na modalidade de adultos, entre as trinta e sete obras hai varias de pintores de Narón e tamén algunhas de artistas doutros concellos da comarca, como Neda, Ferrol, Ortigueira ou Cariño e tamén doutros puntos da xeografía galega –Betanzos, Cambados, Vigo- e española –Cantabria, Sevilla, León e Málaga-. En canto á modalidade Infantil e Xuvenil, atópanse traballos realizados por persoas de entre 3 e 15 anos. Todos eles forman parte da mostra que se pode ver no Pazo, donde tamén están unha obra de Francisco Criado –pintor que foi veciño de San Xiao e que dá nome ao premio honorífico deste certame- e outros cadros galardoados en anteriores edicións, como “Foise”, de Raúl Gil Burés, que o ano pasado obtivo o primeiro premio. Todos os participantes das categorías infantil e xuvenil, para mozas e mozos ata 15 anos, recibirán un detalle. As persoas que concursarán nesta edición na categoría de adultos optan a catro premios en metálico. O primeiro está dotado con 1.500 euros; o segundo con 750; o terceiro con 400 e, a maiores, entregarase o Premio Especial Francisco Criado (incompatible cos anteriores), por importe de 200 euros e que se convoca en recordo a Francisco Criado. As obras dos tres primeiros premios pasarán a ser propiedade do Padroado da Cultura e o gañador non poderá presentarse ás vindeiras dúas edicións deste certame, tendo dereito -a maiores do premio en metálico- a unha exposición de 15 días da súa obra nas instalacións do Pazo. A presidenta do Padroado da Cultura agradeceu a elevada participación neste concurso e o “interese que desperta ano tras ano entre persoas non só de Narón senón tamén de moi variados puntos da xeografía española”. O vindeiro 23 de novembro Marián Ferreiro, alcaldesa da cidade, presidirá o acto de entrega dos premios deste certame, ás 20.00 horas no Pazo da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal