Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMEDIA "LA TERNURA" E O ESPECTÁCULO INFANTIL "CAPERUCITA, LO QUE NUNCA SE CONTÓ" REPRESENTARANSE ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
A COMEDIA
As representacións, a cargo das compañías Teatro de la Ciudad e Teloncillo, terán lugar o sábado 18 e o domingo 19 e as entradas disponibles están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura
Narón, 16 de novembro de 2017. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 18, a representación da comedia romántica e de aventuras La Ternura. Nesta ocasión será a compañía Teatro de la Ciudad a encargada deste espectáculo, que dará comezo a partir das 20.00 horas. As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,50 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Así mesmo, na xornada do domingo, día 19, representarase o espectáculo infantil Caperucita, lo que nunca se contó, da compañía Teloncillo. A sesión comezará ás 18.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante e de 5,50 para menores de 14 anos.
O nome do espectáculo, La Ternura, responde a que no mesmo se fala da forza e valentía para expresar o amor. A través desta historia, e durante as dúas horas de duración da obra, os espectadores recibirán unha mensaxe moi concreta, que non é outra que o feito de que as persoas non nos podemos protexer do dano que produce o amor, polo que en ocasións e preciso arriscar e sufrir. La Ternura conta a historia dunha raíña que tamén é maga e das súas dúas fillas princesas que viaxan na Armada Invencible obrigadas por Felipe II a casarse en matrimonios de conveniencia con mozos ingleses cando se lograse a invasión de Inglaterra. A raíña non acepta esa idea e logra escaparse coas súas fillas durante a viaxe. As tres chegan a unha illa pero que está habitada e na que comezarán unha serie de aventuras con enamoramentos, enredos e confusións incluídos.
Así mesmo, o espectáculo do domingo, Caperucita, lo que nunca se contó, pertence tamén ao xénero da comedia. Trátase dunha historia de sobras coñecida ao ser un conto popular que se transmitiu de xeración en xeración co paso do tempo, pero nesta ocasión contarase dun xeito diferente, xogando cos personaxes e transformando o relato máis coñecido, dándolle unha volta á historia orixinal. O espectáculo está pensado para o público familiar e infantil.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal