Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CELEBRARÁ OS ACTOS DO DÍA DE NARÓN NA PRAZA 23 DE NOVEMBRO E NO PAZO DA CULTURA
O CONCELLO CELEBRARÁ OS ACTOS DO DÍA DE NARÓN NA PRAZA 23 DE NOVEMBRO E NO PAZO DA CULTURA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Festas e Turismo, Mar Gómez e Natalia Hermida, respectivamente, presentaron a programación
Narón, 17 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou en rolda de prensa, acompañada das edís de Turismo e Festas, Natalia Hermida e Mar Gómez, respectivamente, os actos conmemorativos do día de Narón, que se celebra o vindeiro 23 de novembro. A rexedora local anunciou que este ano a programación deseñada polo Concello desenvolverase na Praza 23 de Novembro, nas inmediacións do pavillón municipal de Campo da Serra, en Santa Icía e tamén haberá un acto no Pazo da Cultura.
A alcaldesa explicou que a partir das 12.00 horas e durante todo o día, poderase ver unha Mostra de instrumentos tradicionais baixo unha carpa na Praza 23 de Novembro, donde entre as 12.00 e as 13.00 terá lugar unha sesión de contacontos infantil a cargo da actriz e dramaturga de orixe uruguaia Soledad Felloza. As persoas que asistan á celebración poderán degustar, de balde, filloas que se cociñarán nunha gran filloeira entre as 12.30 e as 15.00 e tamén pola tarde, entre as 17.00 e as 19.00 horas, que fará máis dun milleiro de filloas á hora, tal e como apuntou Natalia Hermida. A música pechará os actos previstos para a xornada matinal, coa actuación do Grupo de música tradicional do Padroado da Cultura de Narón, entre as 13.00 e as 13.30. Xa pola tarde, ademais da degustación de filloas, haberá unha nova actuación musical infantil, de 17.30 a 18.45 horas, Uxía lambona e a banda molona, un proxecto lúdico e á vez educativo de Olalla Fernández.
A programación coa que se festexará este ano o Día de Narón rematará chegada a noite, coa entrega dos premios do “IX Concurso de Pintura Cidade de Narón” organizado polo Padroado da Cultura. O acto comezará ás 20.00 horas e estará presidido pola alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado; Marián Ferreiro. Un total de oitenta e dúas obras –que se poden ver ata o propio 23 de novembro no Pazo- forman parte deste certame, se ben só os da categoría de Adultos, trinta e sete traballos, optan aos premios en metálico establecidos para o certame, no que se repartirán 2.850 euros en catro premios, aos tres mellores clasificados e o honorífico Francisco Criado, en recordo este último dun pintor que foi veciño de San Xiao. As corenta e cinco obras restantes, da categoría Infantil e Xuvenil terán tamén un recoñecemento pola participación.
A concelleira de Festas, Mar Gómez, convidou á veciñanza de Narón e comarca a asistir a esta festividade e a edil de Turismo, Natalia Hermida, animou tamén a participar na mesma, recordando que a primeira acta conservada da vida administrativa deste concello é do 23 de novembro de 1837.
A alcaldesa de Narón destacou a variedade dos actos, “pensados para xente de diferentes idades e cos que un ano máis conmemoraremos o Día de Narón, unha data moi significativa para as naronesas e naroneses”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal