Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ALCALDESA E A EDIL DE IGUALDADE PRESENTARON O PROGRAMA DE ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A ALCALDESA E A EDIL DE IGUALDADE PRESENTARON O PROGRAMA DE ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Unha concentración ante o Concello o día 24 marcará o inicio dos actos, enmarcados na campaña "En Negro contra as violencias" e cunha programación que inclúe a vindeira semana unha ofrenda floral no Monumento á Muller, unha charla e unha exposición
Narón, 20 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, presentaron esta mañá os actos programados con motivo do 25-N, Día Internacional contra a violencia de xénero. A rexedora local recordou que na primeira xornada, o vindeiro venres día 24, haberá unha concentración ás 12.00 horas diante da Casa do Concello, na que pode participar ademáis do persoal municipal toda a cidadanía que o desexe, e para a que se pide asistir vestidos con prendas de vestir de cor negro. A alcaldesa será a encargada de iniciar a lectura do manifesto da campaña “En Negro contra as violencias” e tamén lerán unha parte a edil de Igualdade e outros concelleiros da corporación local naronesa. Esta proposta enmárcase na campaña “Narón en Negro contra as violencias”, e desenvolverase simultáneamente en varios municipios galegos e tres Deputacións –Coruña, Lugo e Pontevedra- no marco da iniciativa “En Negro contra as violencias”, impulsada desde o Concello de Santiago de Compostela. “A corporación local aprobou por unanimidade nun pleno celebrado a principios deste mes adherirse a esta campaña e hai tan só unha semana desprazámonos a Compostela para asinar este protocolo, defendendo así os obxectivos do mesmo e impulsando accións conxuntas entre administracións e outras entidades, así como coa cidadanía en xeral, para erradicar a violencia de xénero”, subliñou Ferreiro.
As actividades programadas desde o Concello co gallo do 25-N continuarán desenvolvéndose o luns 27 de novembro, xornada na que terá lugar ás 12.00 unha ofrenda floral na Praza da Gándara, diante do Monumento á Muller alí ubicado. Poderá participar toda a cidadanía que o desexe, entregándoselle flores –ata esgotar existencias- para que as coloquen xunto ao citado monumento. Esta convocatoria, tal e como indicou a edil de Igualdade, realízase en colaboración coas entidades do Consello Sectorial de Igualdade. Tamén na praza se lerá novamente, nesta ocasión a edil Teresa Sabio, o manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”.
O martes día 28, ás 18.00 horas haberá un novo acto, nesta ocasión nas instalacións do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. A edil Teresa Sabio e a psicóloga que atende o Servizo de Atención Psicolóxica no Concello para as vítimas da violencia de xénero falarán sobre este servizo, un cos que conta o Concello de Narón para atender ás persoas afectadas por esta lacra social, tal e como recordou Sabio. O acto é aberto á participación da cidadanía en xeral.
Por último, entre o 27 de novembro e o 15 de decembro poderase ver no Pazo unha Exposición artística contra a violencia de xénero realizada por alumnado de Artes gráficas do IES Leixa, de Ferrol. A mostra consta dun total de doce paneis, con imaxes e frases sobre diferentes manifestacións de violencia: sexual, psíquica, física, económica, etc. Así mesmo, o alumnado realizou un vídeo que tamén poderá verse nesta exposición.
A concelleira de Igualdade explicou que o Concello repartiu material da campaña “En Negro contra as violencias” en formato dixital ao Centro Comercial Odeón, nos tres centros de saúde da localidade, no Centro Comercial Narón; á Asociación de Comerciantes de Narón; ao Servizo de Deportes de Narón; ao Padroado da Cultura; aos dous Centros Comunitarios; aos Centros Cívicos Sociais dos barrios da zona urbana e rural; á Casa da Mocidade; ao Centro Municipal de Formación; á Biblioteca e ludoteca municipais, e aos catorce centros educativos e dous IES da cidade. Parte deste material pode verse no exterior de instalacións como a propia Casa do Concello –unha pancarta sobre a campaña na porta principal-, o Auditorio municipal ou o Pazo da Cultura, entre outros, e pode tamén descargarse desde a páxina web do Concello de Narón –www.naron.es-, a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/naron-en-negro. Sabio apuntou ademais que a campaña “En Negro contra as violencias” anima á cidadanía a colaborar pendurando das ventás e balcóns prendas de cor negro, ou a citada cartelería da campaña, en sinal de repulsa á violencia de xénero.
A alcaldesa de Narón animou á veciñanza a participar nos diferentes actos programados con motivo do 25-N, ao igual que a edil de Igualdade. “A violencia de xénero é unha das lacras sociais que máis afectan á nosa sociedade e que xera centos de mortes ao ano”, apuntou Ferreiro, que destacou o feito de que “no Concello disponemos de varios recursos destinados ás persoas afectadas e tamén traballamos na erradicación da violencia desde as aulas, con programación específica dirixida ao alumnado, porque a formación e o traballo na prevención son imprescindibles para poder acabar con calquera tipo de manifestación de violencia”.


Descarga de archivos
Bandeira Narón en NegroTamaño: 84,24 KBDescargar
Banner Narón en NegroTamaño: 61,10 KBDescargar
Cartel Narón en NegroTamaño: 111,38 KBDescargar
Logo Narón en NegroTamaño: 88,29 KBDescargar
Pancarta Narón en NegroTamaño: 91,58 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal