Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO INICIOU EN DOSO A SEGUNDA ROLDA DOS CONSELLOS XERAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
O CONCELLO INICIOU EN DOSO A SEGUNDA ROLDA DOS CONSELLOS XERAIS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A nova rolda de reunións está previsto que remate a finais deste mesmo ano, tal e como indicou a edil de Participación Cidadá, Catalina García
Narón, 21 de novembro de 2017. A segunda rolda dos Consellos Territorias convocados desde o Concello de Narón iniciouse onte no local social de Doso. Esta tarde, ás 20.00 horas está programada unha nova sesión en Pedroso. A concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, avanzou que estas xuntanzas se desenvolverán nas zonas urbana e rural do municipio ata o vindeiro mes de decembro. “Nesta segunda convocatoria dos Consellos Territoriais realizaremos outras catorce reunións, nas que respostaremos a preguntas que as veciñas e os veciños de Narón nos realizaron na primeira quenda dos Consellos e tamén recolleremos novas propostas de cara aos que se convocarán a partir do ano 2018”, explicou García.
A edil de Participación Cidadá e outros representantes do goberno local son os encargados de atender á veciñanza nos Consellos Territoriais. A primeira quenda celebrouse entre o 25 de setembro e o 21 de outubro deste mesmo ano e na mesma participaron, tal e como recordou García representantes das veciñas e veciños, e tamén integrantes de diferentes entidades da cidade. O funcionamento do servizo de transporte público, obras, actuacións en materia de seguridade cidadá e equipamentos foron algúns dos temas abordados nas sesións dos Consellos Territoriais durante a primeira quenda.
“Todas esas persoas que participan nos Consellos representan aos socios das entidades e aos veciños das parroquias e barrios da cidade, sendo precisamente ese colectivo o encargado de trasladar as súas propostas aos integrantes do goberno local, tal e como se recolle no Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Narón”, apuntou a edil responsable da área.
A concelleira naronesa valorou a participación veciñal e destacou a importancia da mesma, de cara a “traballar conxuntamente en beneficio do noso municipio”. Así mesmo, Catalina García recordou que nos Consellos “é preciso formular propostas que sexan viables, debendo a veciñanza priorizalas de cara ao seu posterior traslado ao Consello Xeral de Participación Cidadá”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal