Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA NA AVENTURA DE TRES ACTORES QUE VIAXARÁN DENDE NARÓN ATA PEKÍN EN COCHE
A iniciativa tamén ten un carácter humanitario, posto que os viaxeiros donarán tódolos enseres durante a viaxe.
Narón, 10 de Xullo de 2008.- O Concelleiro de Deportes de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, compareceu hoxe en rolda de prensa acompañado de tres actores coñecidos na comarca de Ferrolterra, que protagonizarán unha viaxe dende Narón ata Pekín en coche durante este verán. Trátase dos naroneses Jose Luis Prieto –dramaturgo e mestre da Escola Municipal de Actores de Narón- e Alberto Suárez, e o ferrolán Juan Ares. Este último é o presidente da Asociación Cultural en Coche, entidade que presta apoio a este proxecto, xurdido en decembro de 2007. Sobre a hazaña que protagonizarán estos tres xóvenes –que teñen previsto percorrer 15.000 kilómetros a bordo dun vehículo de segunda man, en 4 óu 5 semanas- o edil de Deportes declarou sentirse “enormemente satisfeito de poder colaborarl con eles en esta misión, que ademáis ten carácter humanitario”. Un dos protagonistas confirmou as verbas do Concelleiro, engadindo ó respecto que “tódolos obxetos que levamos no viaxe, incluida unha tenda de campaña e sacos de dormir, roupa e ata o propio coche, os donaremos antes de regresar de novo a España”, dixo Jose Luis Prieto. De feito, os tres actores xa mantiveron contactos coa Cruz Vermella de China, co fin de entregarles o vehículo unha vez cheguen á capital. A hazaña destos aventureiros lles levará a percorrer 11 países, nunha ruta que se iniciará o domingo 13 de Xullo en A Malata –de onde partirá esta expedición- e que transcurrirá por países coma Ucrania, Rusia, Kzajistán, Siberia ou Mongolia. As aventuras e experiencias que vivan nestas semanas se irán recollendo na páxina web www.encocheapekin.blogspot.com, que eles mesmos irán actualizando semanalmente. Entre os seus planes tamén figura a promoción turística de Narón –o coche irá rotulado co escudo oficial do Concello- e a comarca de Ferrolterra, e a representación dun sketch teatral sobre fútbol, co fin de entrar en contacto coas xentes das cidades que visiten. Os protagonistas agradeceron hoxe ó Concello de Narón o seu apoio a este proxecto, que conta cun orzamento total de 18.000 euros, e que tamén conta co patrocinio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, ademáis de firmas comerciais. Segundo declararon, a maior parte dos cartos se invertirán na merca dos billetes de avión para facer o viaxe de volta a España, na tramitación dos visados dos diferentes países, e no avituallamiento tanto do coche coma de eles mesmos. Unha vez cumprida a misión de chegar a Pekín en coche, os actores tentarán asistir a algunha proba dos Xogos Olímpicos, a última semana de Agosto. A idea que barallan é poder estar presentes na final de Triatlón, que esperan gañe o ferrolán Javier Gómez Noya.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal