Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A AVV DO COUTO RECIBIU UNHA DOAZÓN DE INSTRUMENTOS DO PADROADO DA CULTURA
Os instrumentos entregados á entidade vecinal realizáronse o curso pasado no Obradoiro de Construción de Instrumentos Tradicionais do Padroado, tal e como indicou a presidenta do organismo e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro
Narón, 21 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, entregoulle ao presidente da AVV do Couto, Ramón Couto, varios instrumentos musicais realizados no Obradoiro de Construción de Instrumentos do Padroado. En concreto, tal e como apuntou a rexedora local, a entidade veciñal conta agora cun novo pandeiro, unha pandeireta, un charrasco, un bombo e un tambor, realizados todos por alumnado dos citados obradoiros durante o curso 2016/2017. No acto de entrega destes instrumentos musicais, que tivo lugar no Pazo da Cultura, estiveron presentes ademáis de Marián Ferreiro e Ramón Couto, o mestre e director do Obradoiro de Construción de Instrumentos, Emilio Romero, e Xosé Francisco Roade, secretario da AVV do Couto. O material poderase ver no propio local da entidade veciñal, donde se exporá “nos vindeiros días”, según apuntou Couto, para que a xente poida velos no horario de apertura habitual. Ferreiro recordou que a entrega dos instrumentos musicais responde a unha petición realizada no seu día desde a Asociación de Veciños do Couto. Así mesmo, asegurou que “sempre e cando estea dentro das posibilidades do Padroado, continuarase colaborando coas entidades do Concello que o soliciten en iniciativas deste tipo, encamiñadas como neste caso a dar a coñecer os instrumentos tradicionais de percusión galegos e nalgúns casos, tamén de orixe portuguesa, que se realizan nos citados obradoiros”. A rexedora local destacou o traballo que anualmente realiza o alumnado do Obradoiro de Construción de Instrumentos do Padroado, dirixido por Emilio Romero. O Concello de Narón foi pioneiro xunto cos de Ortigueira, Vigo e Lugo en ofrecer á veciñanza estes obradoiros, tal e como apuntou Ferreiro, que indicou que máis de trescentas cincuenta persoas asistiron xa aos citados talleres do Padroado da Cultura. “Unha das prioridades deste goberno local é fomentar a Cultura, unha das áreas nas que se pon especial empeño desde o Concello de Narón e a través da que ofertamos unha serie de actividades nas Escolas do Padroado, entre elas estes obradoiros, dirixidos a persoas de diferentes idades e tamén unha programación cultural moi variada ao longo do ano tanto no Pazo da Cultura como noutros espazos da cidade”, subliñou a alcaldesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal