Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA ILMAQUINARIO TEATRO E A BANDA MUSICAL INFANTIL MAMÁ CABRA ACTUARÁN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
O sábado 25 representarase a obra "Resaca" e na xornada do domingo terá lugar o espectáculo "A festa continúa"
Narón, 21 de novembro de 2017. O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous novos espectáculos. Na xornada do sábado, día 25, a compañía Ilmaquinario Teatro porá en escena a obra Resaca, enmarcada no xénero do teatro contemporáneo, e o domingo, día 26, será o turno de Mamá Cabra, co espectáculo A festa continúa. As entradas para ambos eventos están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. A obra Resaca comezará ás 20.00 horas e diríxese ao público adulto. O teatro, a poesía, a narración oral e a música en directo combínanse á perfección neste espectáculo durante case hora e media. O protagonista desta peza é Álex, un rapaz que pertence a unha xeración que segue a buscar un lugar nun mundo en crise e en constante transformación. Cinco persoas interpretan a outros tantos personaxes, que se sirven das súas propias vidas para a materia escénica. O prezo das entradas para este espectáculo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). O domingo Mamá Cabra presentará un novo espectáculo en gran formato, no que a compañía realizará un percorrido a través do que o público coñecerá a súa historia e as súas mellores cancións. A festa continúa é o título desta proposta, que dará comezo ás 18.00 horas no Pazo, e se dirixe ao público familiar e infantil (a partir de 5 anos). O grupo de música infantil Mamá Cabra regresa a Narón cun espectáculo no que amosa unha parte do seu intenso traballo, que o consolidou como unha banda de música infantil de referencia con milleiros de siareiros. O prezo das entradas para este espectáculo é de 9,50 euros para o público xeral; de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal