Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA 23 DE NOVEMRBO E O PAZO DA CULTURA ACOLLEN MAÑÁ OS ACTOS DO DÍA DE NARÓN
A programación deseñada polo Concello desenvolverase en horario de mañá e tarde e inclúe exposicións, música, contacontos, degustación de filloas e a entrega dos premios do "IX Concurso de Pintura Cidade de Narón"
Narón, 22 de novembro de 2017. A Praza 23 de Novembro, localizada nas inmediacións do pavillón deportivo Campo da Serra, acollerá mañá boa parte dos actos programados polo Concello para conmemorar o Día de Narón, festividade local. Baixo unha carpa instalada para a ocasión na citada ubicación poderase ver, a partir das 12.00 horas, unha Mostra de instrumentos tradicionais e a esa mesma hora, e ata as 13.00, haberá una sesión de contacontos dirixida ao público infantil e protagonizada por Soledad Felloza. A celebración do Día de Narón inclúe ademáis unha degustación de filloas, de balde, para todas as persoas que se acheguen á Praza 23 de Novembro. Entre as 12.30 e as 15.00 e tamén pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas, serviranse filloas que se elaborarán nunha gran filloeira, con capacidade para realizar un milleiro de unidades á hora. A música cobrará especial protagonismo no Día de Narón, coa actuación de 13.00 a 13.30 do Grupo de música tradicional do Padroado da Cultura e o espectáculo musical infantil Uxía lambona e a banda molona, que será pola tarde, entre as 17.30 e as 18.45 horas. Os actos desta festividade local rematarán pola tarde, coa entrega de premios do “IX Concurso de Pintura Cidade de Narón”, ao que se presentaron un total de oitenta e dúas obras. O acto, que presidirá a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, celebrarase no Pazo e dará comezo ás 20.00 horas. No transcurso do mesmo premiarase aos autores dos tres mellores traballos, que recibirán 1.500; 750 e 400 euros, os tres primeiros, respectivamente, e concederase o Premio Honorífico Francisco Criado, dotado con 200 euros. Do total das oitenta e dúas obras presentadas optan aos premios económicos trinta e sete, as da categoría de Adultos, se ben os autores das corenta e cinco restantes, das categorías Infantil e Xuvenil, recibirán un recoñecemento pola súa participación no certame. Desde o goberno local de Narón animouse á cidadanía a asistir aos actos programados para conmemorar o Día de Narón, unha data moi sinalada para as veciñas e veciños da cidade e que responde a que é precisamente dun 23 de novembro, pero do ano 1837, de cando consta a primeira acta da vida administrativa do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal