Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIOU ESTA MAÑÁ OS ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración que tivo lugar esta mañá ante a porta do Concello e iniciou a lectura do manifesto da campaña "En Negro contra as violencias", que tamén leron outros representantes da corporación local
Narón, 24 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá un acto organizado polo Concello con motivo do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A rexedora do municipio agradeceu a participación de todas as persoas que se concentraron este mediodía, ás 12.00 horas, ante a porta principal do Consistorio, en sinal da “firme condena á violencia de xénero”. “Manifestamos hoxe e sempre a nosa máis enérxica repulsa a esta lacra social, e o compromiso de loitar xuntos para acabar co asasinato de tantas vítimas inocentes”, apuntou a alcaldesa da cidade. Foi precisamente Ferreiro a encargada de iniciar a lectura do manifesto do 25-N, da campaña “En Negro contra as violencias”, á que se adheriu o Concello de Narón. Tamén leron unha parte do manifesto os portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; do PSOE, Catalina García; de EU, André Abeledo e, por último, a edil de Igualdade, Teresa Sabio. O acto rematou cun aplauso dos asistentes en sinal de apoio a esta campaña de erradicación da violencia de xénero. O Concello continuará o vindeiro luns, día 27, cos actos programados con motivo do 25-N. Nesa xornada terá lugar, ás 12.00 horas, unha ofrenda floral no Monumento á Muller localizado na Praza da Gándara e no que se repartirán flores aos asistentes –ata esgotar existencias- para colocar na citada ubicación. A concelleira de Igualdade lerá tamén xunto ao Monumento á Muller o manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal