Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS INVITACIÓNS PARA ASISTIR AO CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA PODEN RECOLLERSE NA BILLETEIRA DO PAZO
As persoas interesadas en asistir ao concerto do 1 de decembro no Pazo deben recoller previamente as invitacións dispoñibles, que se entregarán ata completar o aforo dispoñible
Narón, 23 de novembro de 2017. A Orquestra Sinfónica de Galicia inaugurará o vindeiro 1 de decembro a cuncha acústica do Pazo da Cultura. As persoas interesadas en asistir poden recoller as invitacións disponibles para o público xeral na billeteira do Pazo –de luns a sábados de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 - ata completar o aforo, tal e como se indicou desde o Padroado da Cultura. O concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia enmárcase na “II Semana das Músicas do Audiovisual 2017”, que está organizada pola Academia Galega do Audiovisual e a citada orquestra e na que colaboran a Deputación da Coruña e o Padroado da Cultura de Narón, entre outras entidades. O concerto do 1 de decembro, que dará comezo ás 20.30, terá unha duración aproximada de dúas horas e durante o mesmo os integrantes da Sinfónica de Galicia interpretarán algunhas das principais partituras para cine e televisión escritas en Galicia durante os últimos anos de diversos compositores, como Manuel Riveiro, Xabier Font ou Nani García, entre outros. A celebración deste primeiro concerto trala instalación da cuncha acústica abrirá novas posibilidades á hora de ofrecer este tipo de espectáculos musicais no Pazo. A pasada semana comezaron as obras de instalación da nova cámara de concertos, que suporá un investimento de 195.198 euros que sufragarán a Deputación da Coruña e o Concello de Narón, nunha porcentaxe do 80% e o 20% respectivamente.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal