Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CAMBADÉS EDUARDO PÉREZ BAAMONDE OBTIVO O PRIMEIRO PREMIO DO "IX CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, foi a encargada de entregarlle o premio, que ascende a 1.500 euros, pola súa obra "Faro Quastolone"
Narón, 23 de novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a entrega dos premios do “IX Concurso de Pintura Cidade de Narón”. O acto comezou ás 20.00 horas no Pazo da Cultura, donde permaneceron expostas nos últimos días as obras presentadas a esta edición do certame, un total de oitenta e dúas, xunto con outras premiadas en anteriores edicións. O primeiro premio concedido polo xurado foi para Eduardo Pérez Baamonde, de Cambados, pola súa obra “Faro Quastolone”, polo que percibirá 1.500 euros e que pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón, ao igual que as que obtiveron o segundo e o terceiro premio, tal e como se estipula nas bases. O autor da obra gañadora terá ademais dereito a unha exposición dos seus traballos durante quince días no Pazo da Cultura e o seu cadro, “Faro Quastolone” ilustrará o cartel da vindeira edición deste certame, tal e como recordou Ferreiro. O segundo premio foi para Manuel Carballeira Rivas, de Valdoviño, pola obra “Espera”, e está dotado con 750 euros, e o terceiro para Manuel Ángel Serantes, de Ponferrada, pola obra “Fluvial”, dotado con 400 euros. Así mesmo, o xurado concedeu o Premio Especial Francisco Criado a Alejandro Galán Vázquez, de Sevilla, pola súa obra “Bodegón”. Este premio especial está dotado con 200 euros. O xurado estivo integrado este ano por Raúl Gil, gañador da edición do ano 2016 deste certame e Pedro Taboada, director da páxina: www.pintoresgallegos.com, exercendo como presidente Xosé Luís Loureiro, pintor asentado no Concello de Narón. A alcaldesa de Narón destacou o elevado número de obras presentadas a este certame, agradecendo aos participantes do mesmo o seu respaldo ao mesmo, “porque grazas a todas e todos vós mantense cada ano intacta a ilusión por organizar este concurso de pintura”. Así mesmo, Ferreiro tivo palabras de agradecemento para a Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao de Narón, donde se orixinou este certame que, co paso do tempo, ao aumentar o número de participantes, se trasladou ao Pazo para poder conservar e expoñer nas mellores condicións posibles as obras presentadas. Tras darse a coñecer o nome das persoas premiadas nesta edición do concurso a rexedora local felicitou persoalmente aos premiados que puideron asistir ao evento de hoxe polo traballo realizado, e tamén ao resto de persoas que presentaron as súas obras ás diferentes categorías, Infantil, Xuvenil e de Adultos. A alcaldesa animounos a participar na vindeira edición, recordando que o gañador deste ano, Eduardo Pérez, terá que esperar á de 2020, tal e como se indica nas bases.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal