Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHAS OITENTA PERSOAS PARTICIPARON NA ELABORACIÓN DUN MURAL INTERXERACIONAL NO CENTO COMUNITARIO INTEGRADO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
A edil de Promoción Social, Teresa Sabio, agradeceu a participación nesta iniciativa municipal e a colaboración do pintor e ilustrador naronés Leandro Lamas
Narón, 25 de novembro de 2017. Unhas oitenta persoas participaron no último mes na elaboración dun mural interxeracional que decorará parte dunha das fachadas do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, concretamente os dous lados da porta principal. A actividade enmárcase dentro das programadas desde a Concellería de Promoción Social, que preside a edil Teresa Sabio, e consistiu en catro sesións prácticas nas que participaron persoas maiores pero tamén nenas e nenos, axudados polo pintor e ilustrador naronés Leandro Lamas, autor do deseño, no que se poden ver persoas de diferentes idades e motivos relacionados coa natureza. Os sábados, entre as 10.30 e as 12.30 tiveron lugar as sesións de pintado, nas que os participantes se implicaron atendendo as indicacións que lles facía Leandro Lamas. Teresa Sabio explicou que o obxectivo desta actividade é “motivar a participación social das persoas maiores a través da pintura, ao tempo que promover unha nova iniciativa de carácter interxeracional na que poidan compartir un tempo persoas de diferentes xeracións, establecendo entre eles unha serie de vínculos”. Outro dos fins desta proposta é promover a apertura do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros ao seu entorno, tal e como indicou a edil naronesa, que hoxe visitou aos participantes neste obradoiro. Sabio agradeceu a colaboración de Leandro Lamas e tamén a implicación de todas as persoas que axudaron a realizar este mural que decora parte da fachada principal das citadas instalacións municipais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal