Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA CARAMUXO TEATRO PECHARÁ A "XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL" DO PADROADO DA CULTURA
A COMPAÑÍA CARAMUXO TEATRO PECHARÁ A
O alumnado das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros e da Unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol presenciará os últimos espectáculos desta nova edición da Mostra teatral
Narón, 26 de novembro de 2017. A”XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” chegará o 27 de novembro ás escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros e á Unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol de Narón. Os menores destes catro centros, uns trescentos nenos e nenas en total, terán a oportunidade de ver a obra Zapatos, da compañía Caramuxo Teatro. A primeira das sete representacións programadas será mañá, ás 10.00 na escola infantil de Piñeiros, donde a segunda posta en escena da obra será ás 11.30 horas. O departamento de Cultura da Deputación da Coruña colabora nesta edición da Mostra, feito que valorou a presidenta do Padroado e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro.
O martes 28 a obra representarase na escola infantil da Gándara e o mércores 29 na da Solaina, en ambos casos nos mesmos horarios fixados para as dúas quendas previstas, ás 10.00 e ás 11.30. Por último, o alumnado da Unidade de Infantil do colexio Santiago Apóstol presenciará a obra o xoves 30 –neste caso cunha única representación, a partir das 10.00 horas-, data na que culminará o programa da “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil”.
O Padroado da Cultura de Narón organiza anualmente esta cita teatral, á que cada ano asisten milleiros de alumnos. A esta última edición asistirán en total, unha vez rematada, 6.500 rapaces e rapazas de centros educativos de Narón e tamén doutros concellos da comarca, como Ferrol, Fene, Neda, Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero. A excepción do caso dos menores das escolas infantís, as representacións tiveron lugar no Pazo da Cultura, ata donde se desprazaron os rapaces e rapazas en autobús desde os seus respectivos centros escolares. A entrada é de balde e os escolares abonaron unicamente dous euros para facer fronte aos gastos do desprazamento en autobús desde os colexios ata o Pazo e de regreso aos centros.
A “XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” comezou o pasado 16 de outubro. As compañías Eme2, Chapitó, e Ghazafelhos encargáronse de representar as obras Contacreques, Edipo e Lúa, respectivamente, no Pazo da Cultura entre o 16 de outubro e o pasado 9 de novembro.
A presidenta do Padroado da Cultura e alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou o éxito acadado con esta nova edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil. “Coas representacións previstas nas escolas infantís municipais e na Unidade de Infantil do Santiago Apóstol rematará esta trixésimo quinta edición da Mostra de Teatro, unha convocatoria coa que desde o Padroado da Cultura apostamos por familiarizar aos escolares co mundo do teatro e ampliar a súa formación cultural, programando espectáculos adaptados ás súas idades”, destacou Ferreiro.
“Nesta mesma liña continuaremos traballando desde o Padroado da Cultura, desde donde ano tras ano apostamos firmemente por esta área cunha gran variedade de espectáculos, moitos deles de compañías e grupos musicais ou cantautores galegos, obradoiros, Escolas Municipais e outros eventos aos que asisten, tanto no Pazo como noutras ubicacións da zona urbana e rural do noso concello, milleiros de veciñas e veciños de Narón e tamén procedentes doutras localidades”, subliñou a presidenta do Padroado da Cultura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal