Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS QUE FINALIZARON CON ÉXITO TRES CURSOS DE FORMACIÓN PROMOVIDOS POLO CONCELLO
Un total de 26 persoas remataron os seminarios de Construccións Metálicas, Restauración da madeira, e Dependenta de comercio.
Narón, 14 de Xullo de 2008.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón, Paloma González Cuevas, presidiu hoxe a entrega de diplomas ós 26 alumnos que finalizaron con éxito tres cursos do programa de formación e emprego, organizados polo Concello de Narón en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia. Estos seminarios tiveron un custe global de 46.300 euros, e en conxunto sumaron 1.370 horas de formación teórica e práctica. Os cursos en cuestión son os seguintes: Iniciación ás construccións metálicas (con 500 horas de duración, e 11 alumnos matriculados dos cales 9 finalizaron con éxito e recolleron hoxe o seu diploma), Restauración da madeira e moble (500 horas, 11 inscritos dos que 7 finalizaron con diploma), e Dependenta de comercio (370 horas, 15 mulleres inscritas das cales 10 obtiveron diploma). Estas accións formativas están coordinadas polo Servizo Sociocomunitario Municipal e desenvolvéronse no Centro Municipal de Formación, ubicado no Polígono de A Gándara. Os cursos de Iniciación ás construccións metálicas, e Restauración da madeira e moble concíbense coma unha primeira toma de contacto coa especialidade, e un achegamento básico ao mundo profesional mediante o manexo de ferramentas e máquinas, ademáis da elaboración de constructos elementais. Algúns destes alumnos continúan na actualidade a sua formación laboral, a través dos cursos de Caldereiro e Tubeiro, e Carpintería, correspondentes ó Plan FIP. No caso do curso de Dependenta de comercio, na actualidade rexístrase xa un saldo positivo de 3 contratos, que nos vindeiros seis meses se verán incrementados polo traballo de colaboración mantida coas entidades comerciais. No acto de entrega de diplomas, a Concelleira de Formación Laboral e Emprego dirixíuse ós alumnos que finalizaron con éxito os cursos, sinalando que iniciativas coma ésta “constitúen unha boa inversión, a mellor que se pode realizar dende unha administración pública”. A Edil lembrou tamén que a finalidade dos seminarios é “ofrecer unha formación específica para que os participantes podan introducirse no mercado laboral”. En representación da Obra Social de Caixa Galicia, a xerente en Ferrol, Elena Cardona, engadíu que esta entidade e o Concello de Narón levan varios anos colaborando a través de cursos de formación que teñen como obxectivo final facilitar o acceso ó mercado laboral.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal