Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
UN TOTAL DE 139 IMAXES OPTAN AOS PREMIOS DO "VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
UN TOTAL DE 139 IMAXES OPTAN AOS PREMIOS DO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou que o premio se fallará o vindeiro 4 de decembro no Concello
Narón, 27 de novembro de 2017. Un total de corenta e nove persoas presentaron fotografías á oitava edición do “Concurso de Fotografía Cidade de Narón”. Así o anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, que explicou que o xurado do certame se reunirá o vindeiro luns, 4 de decembro, no Concello para seleccionar as tres imaxes gañadoras desta convocatoria. En total contabilizáronse 139 fotografías, das que a maiores das tres gañadoras se elixirán outras nove para ilustrar o calendario que editará o Concello de Narón para o ano 2018, tal e como recordou Hermida.
A maior parte dos participantes, 20 dos 49, son de Narón, seguidos de Ferrol -16 de 49- pero tamén presentaron as súas fotos persoas de Fene, Pontedeume, As Pontes e A Coruña, tal e como se puido comprobar trala apertura dos sobres. Os pseudónimos baixo os que se presentaron os participantes son: Luft19bild; Mina; Zelda88; Mía; Robaliza; Thor; Morticia Addams; J8; Ares; Antares; Baralloco; Boa sombra; Shyman; Alfredo; Mbg. Alto; Angaca620; Raíña; Rústico; Aventurera 62; Yiyi; Teixo; Pandora; Jumper; Athaires; Al; Disparo al aire; Embruxada; Juan Viaxeiro; Tron; Desperado; As zocas viaxeiras; Esmorga; Sinforosa; Paloma; Formosende; Baqueta Negreirosa; Forxa; Enok Arden; Oenach Photo; Wallace; Agarimo Style; Friskito: Tashya; Froilán; Panos de Fondo; Indisa; Hermes Sáinz; Duque e Gaia Darli.
Trala reunión do xurado –cuxa composición exacta se dará a coñecer o 1 de decembro a través da web do Concello- publicarase na páxina web do Concello a acta da mesma e comunicaráselles aos gañadores o día e a hora do acto de entrega dos premios. O primeiro será de 750 euros; o segundo de 300 e o terceiro de 150 euros. O xurado valorará, tal e como se estipulou nas bases, a calidade técnico artística da imaxe, a orixinalidade e o grao de representatividade do Concello de Narón. O patrimonio monumental, espazos naturais de interese, cultura, festas populares, tecnoloxía ou lecer son algúns dos temas sobre os que se podían presentar as fotografías a esta edición do certame.
O “VIII Concurso de Fotografía Cidade de Narón” desenvolveuse entre os días 2 e 17 de novembro. A concelleira de Turismo destacou a “elevada participación de veciñas e veciños de Narón e doutros concellos neste certame, a través do que amosamos, a través dunha serie de imaxes, parte dos encantos que ten a nosa cidade, tanto a nivel paisaxístico como nos eventos festivos que se celebran cada ano”.


Descarga de archivos
Listado de participantesTamaño: 42,07 KBDescargar
Tamaño: 42,67 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal