Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL PROGRAMADOS POLO CONCELLO DESENVOLVERANSE ESTA SEMANA
OS ACTOS DO DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL PROGRAMADOS POLO CONCELLO DESENVOLVERANSE ESTA SEMANA
O Centro Comercial Odeón acollerá unha "acción sorpresa" o 29 de novembro e no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros sucederanse varias actividades o 1 de decembro
Narón, 27 de novembro de 2017. O Concello de Narón organiza, en colaboración con diferentes entidades, un completo programa de actos para conmemorar o Día Internacional da Diversidade Funcional. As edís de Igualdade, Teresa Sabio, e Acción Social, Catalina García, presentaron esta mañá a convocatoria, baixo o lema “Normalicemos a diversidade”. A primeira das citas será o vindeiro mércores, día 29, nas instalacións do Centro Comercial Dolce Vita Odeón –colaborador tamén nesta programación-, donde sobre as 17.30 horas terá lugar unha “acción sorpresa”. Colaboran na programación co Concello as asociacións Vida Activa; Cogami; Teima Down; Nuestra Señora de Chamorro; Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal; Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais; ASCM; Grupo Diversidade Funcional, e a Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía.
A programación continuará o 1 de decembro, cunha xornada de convivencia no Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. O acto dará comezo ás 16.00 horas e trala presentación, sobre as 16.15 horas, iniciarase unha mesa aberta na que participarán Cristóbal Pérez, da Asociación Teima Down, que falará sobre unha experiencia persoal: “Como me cambiou a vida” e tamén persoal da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, que proxectará un vídeo informativo sobre o “Proxecto Fadas”.
Ás 17.15 horas actuará a coral da Asociación Nuestra Señora de Chamorro e ás 17.30 farase un pequeno descanso para merendar. A actividade retomarase ás 18.05 horas, coa proxección do documental “Cristais”, tralo que se abrirá un coloquio con Álvaro Illobre, da Asociación Cultural ASCM. Unha exhibición de baile de Vida Activa prevista para as 19.05 horas marcará o peche do programa unha vez finalizada, sobre as 19.30 horas.
Catalina García destacou a participación das entidades “pola súa iniciativa e as ideas presentadas para desenvolver estas xornadas na nosa cidade”. Pola súa parte, a edil Teresa Sabio destacou o feito de que este programa se realiza “en colaboración con tódalas asociacións que quixeron participar, teñan ou non a súa sede en Narón, pero coas que asinamos unha serie de convenios porque teñen usuarias e usuarios do noso concello e entendemos que debemos axudarlles na medida das nosas posiblidades”.
As edís naronesas agradeceron a boa disposición de tódolos colaboradores e animaron ás veciñas e veciños a participar activamente nos diferentes actos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal