Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PRIMEIRA EDICIÓN DA "FEIRA PEQUENIÑ@S" TERÁ LUGAR ESTA FIN DE SEMANA NO PAVILLÓN CAMPO DA SERRA
A PRIMEIRA EDICIÓN DA
A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, anunciou que participarán nesta convocatoria unha trintena de expositores relacionados coas áreas de lecer, moda, saúde e ensino
Narón, 28 de novembro de 2017. A primeira edición da Feira Pequeniñ@s celebrarase esta fin de semana, os días 2 e 3 de decembro, nas instalacións do Pavillón Campo da Serra, en Santa Icía. A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá o evento, organizado polo Concello e dirixido ao público familiar e infantil. A entrada é de balde e o horario de apertura os dous días é ininterrompido, de 11.00 a 20.30. “Lecer, saúde, ensino e moda son as áreas nas que se centrará esta feira infantil, á que desde o Concello de Narón convidamos a asistir a todas as persoas interesadas nestas áreas, porque terán a oportunidade de ver nun mesmo espazo numerosos expositores relacionados con estes sectores, entre outras propostas pensadas tanto para as nenas e nenos como para os maiores”, apuntou Gómez.
A concelleira naronesa explicou que participarán neste evento unha trintena de expositores de moda, fotografía infantil, xogueterías, academias e empresas de doces, entre outros. Así mesmo, Gómez apuntou que tanto na xornada do sábado como do domingo haberá polas mañás e polas tardes, de 12.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 unha serie de charlas que impartirán diversos profesionais e nas que se abordarán temas relacionados coa educación dos fillos e fillas, orientadas polo tanto aos seus proxenitores. Tamén durante todo o día se impartirán unha serie de obradoiros de robótica, manualidades, cociña, pintacaras e globoflexia, entre outras opcións, dirixidos aos nenos e nenas e que se organizarán nos diferentes expositores.
No pavillón Campo da Serra habilitarase ademais un espazo a modo de zona de entretemento para os rapaces e rapazas, co fin de que o evento teña un carácter lúdico e, á vez, formativo.
Nalgúns dos expositores participantes ofreceranse agasallos e descontos aos visitantes. Todo Ocio Lego Narón, Azúcar Calzado Infantil, Nenoos Narón, Podología Narón, 9Noventay9 Narón, Bule Bule, O Muíño do Fabal, Estudio de Danza Paloma, Espiral Críame, Carsip Ferrol, El Globo e Un Pedacito de mí, son algúns dos establecementos de Narón e doutros concellos da comarca que participarán nesta primeira edición da Feira Pequeniñ@s. A concelleira de Feiras e Mercados agradeceu aos propietarios destes establecementos a súa implicación neste evento organizado polo Consistorio.
“No pavillón Campo da Serra ofrecerase un amplo espazo para que as familias poidan ver e adquirir numerosos produtos relacionados co mundo infantil e algúns deles tamén dirixidos especificamente aos maiores”, recalcou Gómez.


Descarga de archivos
Listado de participantesTamaño: 39,10 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal