Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O ESPECTÁCULO DE DANZA "LIBERTINO" E A OBRA "GOLDI LIBRE"
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O ESPECTÁCULO DE DANZA
A danza flamenca e española de Marco Vargas&Chloé Brûlé poderase ver o sábado día 2 e a obra teatral da compañía Chévere o domingo 3 de novembro
Narón, 29 de novembro de 2017. A danza e o teatro centrarán esta fin de semana a actividade do Pazo da Cultura. O sábado día 2 será o turno de Marco Vargas&Chloé Brûlé, que traerán a Narón un espectáculo de danza flamenca e española: Libertino. As entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A cita con esta proposta cultural será a partir das 20.00 horas.
Libertino é un espectáculo do ano 2015 que obtivo nos Premios Escenarios 2017 os concedidos á: Mellor Bailarina, Mellor Bailarín e Mellor Música Orixinal, así como o Premio Lorca 2016 ao Mellor Espectáculo de Danza. O trianeiro Marco Vargas e a canadiense Chloé Brûlé forman un equipo desde hai máis dunha década que, entre outros espectáculos, dirixe e encárgase da coreografía de Libertino, un espectáculo que fala da liberdade e no que participan outros dous personaxes: Fernando Mansilla (escritor e poeta) e Juan José Amador (cantaor).
O domingo día 2 será o turno da compañía Chévere, que representará a obra Goldi Libre, enmarcada no xénero do teatro-documento. A representación, que dará comezo ás 19.00 horas, fai un repaso polos primeiros movementos de desobediencia civil que xurdiron trala Transición Española e que derivaron no encarcelamento de centos de rapaces. A memoria, a experiencia persoal e o testemuño do actor galego César Goldi –que en 1993 foi condenado a dous anos e catro meses de prisión por negarse a facer a mili e a prestación social substitutoria e que cumpriu condena nun cárcere da Coruña- centran a temática desta obra.
As entradas para o espectáculo Goldi Libre teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal