Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ EN DECEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL "INFORMÁTICA DIVERTIDA" DA AULA CEMIT DE XUVIA
O CONCELLO ABRIRÁ EN DECEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL
A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, explicou que a iniciativa diríxese a menores de entre 8 e 12 anos e que tamén poden apuntarse nos locais sociais da zona rural e na Sociedade Cultural e Recreativa "A Pombiña", en Pedroso
Narón, 29 de novembro de 2017. A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición no programa municipal educativo Informática Divertida (INDI), dirixido a rapazas e rapaces de 8 a 12 anos. As persoas interesadas en participar nas sesións sobre “Programación e robótica educativa” programadas na Aula Cemit de Xuvia poderán inscribirse a partir do vindeiro venres, día 1 de decembro e ata o 15 do mesmo mes, no Rexistro municipal do Concello, donde poderán solicitar a instancia, que tamén se pode descargar da páxina web do Concello de Narón -http://www.naron.es/web/docs/formacion/Solicitude_INDI_2017.pdf-. As sesións de Xuvia diríxense a un máximo de quince persoas e desenvolveranse, tanto na zona urbana como as programadas no núcleo rural, entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas.
Os interesados en apuntarse nas sesións que se desenvolverán na zona rural poden facelo xa nos locais sociais das parroquias de Doso, San Mateo, San Xiao, O Val, Sedes, Castro e no local da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, en Pedroso, tal e como indicou a edil naronesa. Neste caso, apuntou, ofértanse un máximo de dez prazas por parroquia e será preciso formar grupos cun mínimo de oito nenas e nenos para que se impartan as sesións, tal e como explicou a concelleira de Novas Tecnoloxías.
“Iniciación á programación de videoxogos”, “Creación de blogs para nen@s”, “Creación de cómics dixitais” e “Hour of code” son os temas que se abordarán no programa impulsado desde a área de Novas Tecnoloxías.
“Un total de oitenta e cinco rapazas e rapaces da zona urbana e rural do municipio terán a oportunidade de iniciarse no ámbito da robótica, aproveitando a tempada das vacacións de Nadal dun xeito lúdico pero tamén didáctico”, explicou Hermida. A concelleira indicou que en total se prevén impartir 192 horas de formación a través deste programa municipal, destacando así o “compromiso do goberno local para achegar as novas tecnoloxías á veciñanza e, ao tempo, ofrecer ás familias unha nova proposta á hora de conciliar a súa vida familiar durante as vacacións escolares de Nadal”.
As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono: 981 337 700 (ext. 1517).


Descarga de archivos
Ficha de inscriciónTamaño: 154,02 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal