Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DESTINA MÁIS DE 92.000 EUROS A AMPLIAR E MELLORAR ZONAS VERDES NO COUTO, SEDES E O VAL
O CONCELLO DESTINA MÁIS DE 92.000 EUROS A AMPLIAR E MELLORAR ZONAS VERDES NO COUTO, SEDES E O VAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a aposta do goberno local por mellorar e incrementar o número de zonas verdes no municipio e tamén por fomentar a plantación de especies autóctonas
Narón, 29 novembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse ata a parroquia do Couto para ver o resultado final dos traballos de ampliación da área recreativa localizada xunto ao local social. O goberno local impulsou esta iniciativa, que consistiu na limpeza e o acondicionamento do parque do Couto, o que supuxo un investimento de 15.128 euros, cofinanciados entre as arcas municipais e a Deputación da Coruña. Este desembolso, xunto cos 7.014 euros destinados a mellorar unha zona verde no Val e 70.000 á adquisición dunha parcela en Sedes para habilitar unha nova zona de ocio, suman un total de 92.142 euros, que “permitirán continuar mellorando o mantemento e ampliando o número de áreas de lecer dispoñibles no noso concello, nestes casos concretos na zona rural”, destacou Ferreiro.
No que respecta á actuación xa rematada no Couto, a alcaldesa explicou que se acomete con cargo ao Plan Provincial de Medio Ambiente 2016 da Deputación da Coruña. O parque localizado xunto ao local social ten unha superficie duns 28.000 metros cadrados, que se ampliou ultimamente en 5.170 metros cadrados. Co fin de acondicionalo, explicou Ferreiro, “retiraronse as especies de árbores que non eran autóctonas e a vexetación invasiva, para sementar herba, manter árbores autóctonas e colocar seis mesas con bancos de madeira e tres papeleiras, tamén de madeira”.
A maiores a alcaldesa explicou que na parroquia do Val, xunto ao local social, acondicionouse unha zona axardinada de 2.088 metros cadrados, cun investimento de 7.014 euros das arcas locais. Para mellorar este espazo “plantáronse dez carballos e colocáronse catro bases para a futura instalación doutras tantas mesas”, apuntou o edil de Servizos, Ibán Santalla.
Así mesmo, o concelleiro naronés recordou que en Sedes se adquiriu unha parcela xunto ao local social dunha superficie duns doce ferrados, por un prezo de 70.000 euros, que tamén abonou o Concello, co fin de proxectar unha ampliación da zona verde localizada xunto ao citado local, con árbores autóctonas e mesas de madeira.
“Con este investimento de 92.142 euros apostamos por ampliar as zonas verdes e tamén por conservar e incrementar o número de especies arbóreas autóctonas no noso municipio”, destacou Ferreiro. “As veciñas e veciños de Narón dispoñen ano tras ano de máis e mellores espazos públicos na nosa cidade, tanto na zona urbana como na rural, para desfrutar do seu tempo de lecer desfrutando do noso entorno natural”, subliñou a alcaldesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal