Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACENDERÁ O VINDEIRO 5 DE DECEMBRO O ALUMEADO DE NADAL
O acto de acendido oficial terá lugar nos xardíns da Residencia San José, en Piñeiros, donde se iluminará unha árbore de gran porte
Narón, 30 de novembro de 2017. A empresa adxudicataria da instalación do alumeado de Nadal na cidade ultima estes días as tarefas para proceder ao acendido do mesmo, que terá lugar o vindeiro martes, día 5 de decembro. Un ano máis, tal e como anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, o acto oficial do acendido celebrarase nos xardíns da Residencia San José, en Piñeiros, nunha convocatoria organizada en colaboración coa AVV Piñeiros. Alí iluminarase unha árbore natural de 25 metros de altura ubicada fronte ao edificio da residencia. As tarefas de instalación do alumeado supoñen un investimento de 50.146 euros ás arcas municipais. En total colocaranse 168 arcadas na cidade –nas zonas urbana e rural-, xunto con outros tipos de ornamentación en prazas, glorietas e no propio exterior do edificio do Concello, que permanecerá acendida ata o vindeiro 7 de xaneiro. Na estrada de Castela localizaranse un total de 58 arcadas e na estrada de Cedeira colocaranse nove. A Casa Consistorial permanecerá tamén iluminada na fachada principal, con cortinas, cascadas e diversos motivos navideños. Na estrada da Gándara haberá seis arcadas; na Avenida da Solaina vinte e catro; na de Santa Icía nove e na Rúa Concepción Arenal oito. Así mesmo, na Avenida Cataluña contabilizaranse dezaoito e no cruce das rúas Tui e A Guarda iluminarase un abeto natural. As rotondas da cidade contarán tamén con alumeado navideño. Na da estrada de Cedeira con Lagoa de Baldaio instalarase un centro en 3D con forma de árbore e haberá outro na rotonda da Estrada de Castela. Na glorieta da estrada de Castela coa de Cedeira poderanse ver catro árbores de dous metros e outros tantos de tres, máis tres bonecos de neve iluminados. No caso das prazas a ornamentación de Nadal chegará á de Galicia, donde se decorarán seis farolas; a da Constitución; a Álvaro Paradela, a do antigo Concello de Xuvia –donde se iluminarán oito árbores naturais-, e a da Gándara –con sete árbores naturais-. Nas parroquias da zona rural instalaranse un total de trinta arcadas, ambientando así algúns dos puntos de maior concentración de vivendas no núcleo rural. Desde o goberno local destacouse o feito de que se trata “dunha decoración homoxénea coa que ambientaremos tanto as rúas como as principais prazas e rotondas da zona urbana e que tamén chegará a todas as parroquias da zona rural de Narón”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal