Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA INAUGURARÁ O 1 DE DECEMBRO A CUNCHA ACÚSTICA DO PAZO DA CULTURA
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA INAUGURARÁ O 1 DE DECEMBRO A CUNCHA ACÚSTICA DO PAZO DA CULTURA
A nova cámara de concertos supuxo un investimento que rondou os 200.000 euros, sufragados pola Deputación da Coruña e o Concello de Narón
Narón, 30 de novembro de 2017. Un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia inaugurará mañá a cuncha acústica do Pazo da Cultura. O evento enmárcase na “II Semana das Músicas do Audiovisual”, organizada pola citada orquestra e a Academia Galega do Audiovisual e na que colaboran a Deputación da Coruña e o Padroado da Cultura de Narón. O concerto comezará ás 20.30 e prolongarase durante aproximadamente dúas horas. Durante este tempo o público, que completou o aforo do Pazo, poderá gozar do espectáculo coa nova cámara de concertos.
Os músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia interpretarán un completo repertorio coas principais partituras escritas en Galicia para cine e televisión nos últimos anos e de recoñecidos compositores, como Nani García ou Xabier Font, entre outros.
A cuncha acústica do Pazo da Cultura supuxo un investimento de 195.198 euros, que sufragaron conxuntamente a Deputación da Coruña (80% do total) e o Concello de Narón (20% restante). As obras de instalación deste equipamento iniciáronse a mediados deste mes e tralo remate das mesmas, a partir de agora poderanse celebrar no Pazo da Cultura de Narón concertos como o da Sinfónica de Galicia, garantindo en todo momento que o son chegue coa máxima calidade aos espectadores. A estrutura é desmontable e será o persoal do Pazo o encargado de montala e desmontala, unha tarefa para a que recibiu a formación precisa e que se realiza aproximadamente nun día.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal