Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 100 PERSOAS SOLICITARON INFORMACIÓN NA OFICINA DE TURISMO DE NARON DENDE A SÚA APERTURA
Nos 15 días que leva aberta ó público, rexistráronse un total de 112 visitas.
Narón, 16 de Xullo de 2008.- A Concellería de Turismo do Concello de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez Casal, confirmou hoxe a boa marcha da Oficiña Municipal de Información Turística, aberta polo Concello o pasado 1 de Xullo e situada frente á rotonda de Freixeiro, na Estrada de Castela. Segundo apuntou a Edil responsable da área, nestos primeiros quince días aberta ó público a caseta de turismo rexistrou un total de 112 visitantes, a maioría deles procedentes desta zona aínda que tamén houbo turistas de distintos puntos de Galicia e incluso de España. Por cifras, foron 97 os visitantes da comarca de Ferrolterra, 6 do resto de Galicia e outros 9 do resto de España. En canto á información demandada por estas persoas, Mª del Mar Gómez explicou que a maioría deles solicitaron detalles sobre as festas de Narón e bisbarra (35 persoas), seguida de cerca por lugares turísticos do municipio e de Ferrolterra (29), rutas de sendeirismo (20 solicitudes), planos callejeros de Narón (12), e outras informacións sobre Aldea Nova (5), o Río Xuvia (4), o Oenach Celta (4), e o tren turístico Ferrol-Ortegal(3). A Oficiña de Información Turística permanecerá aberta durante os meses de Xullo e Agosto deste ano, en horario de luns a venres de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas. Pódese solicitar información telefónica chamando ó 626 379 280 ou ben por correo electrónico no enderezo of.turismo@naron.es Dende a Concellería de Turismo e Festas agradeceuse tamén hoxe ós hostaleiros e comerciantes de Narón a promoción que están a facer nos seus establecementos das Festas de Narón 2008, que comenzan hoxe e se extenderán ata o vindeiro domingo 20 de Xullo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal