Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESTACA AS NOVAS POSIBILIDADES DE PROGRAMACIÓN QUE OFRECERÁ A CUNCHA ACÚSTICA DO PAZO
O son dos concertos de música sinfónica e de cámara poderá chegar ao público coa máxima garantía de calidade con este equipamento, tal e como destacou Marián Ferreiro
Narón, 1 de decembro de 2017. A cuncha acústica do Pazo da Cultura estreouse, tal e como estaba previsto, co concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia. Ás 20.30 horas deu comezo a actuación musical, nun acto que completou o aforo do Pazo e ao que asistiron ademais da alcaldesa, Marián Ferreiro, e representantes da corporación local, o deputado provincial Bernardo Fernández e numerosas veciñas e veciños de Narón e comarca. A alcaldesa de Narón destacou a colaboración amosada pola administración provincial, co seu presidente, Valentín González, á fronte do actual mandato, para facer realidade unha petición cursada desde o Consistorio naronés. Ferreiro recordou as xestións realizadas polo seu predecesor no cargo, José Manuel Blanco, e subliñou a importancia de que a nova cámara de concertos do Pazo sexa a día de hoxe unha realidade. “Temos o honor de que sexa precisamente a Orquestra Sinfónica de Galicia a encargada de inaugurar a nova cámara de concertos do Pazo. Feito este que agradecemos á propia orquestra, e tamén á Academia Galega do Audiovisual, organizadores da “II Semana das Músicas do Audiovisual, iniciativa na que colaboran a Deputación da Coruña e o Padroado da Cultura de Narón”, apuntou Ferreiro. A rexedora local recordou que o custe deste equipamento ascende a preto de 200.000 euros, que sufragaron as administracións provincial e local nun 80% e 20%, respectivamente. Pola súa banda, o deputado provincial Bernardo Fernández asegurou que “esta actuación é para nós un exemplo de como a Deputación colabora cos concellos e lles axuda en materia de cultura”. Así mesmo, resaltou o feito de que a citada administración “é un motor importante da cultura na nosa provincia e este é un exemplo dese compromiso que temos con todos os concellos, colaborando para que teñan as mellores infraestruturas e para que se beneficien delas todas as veciñas e veciños”. Por último, Fernández apuntou que a nova cámara de concertos do Pazo da Cultura de Narón “fará moi felices a todas as persoas que acodan a desfrutar dos diferentes eventos musicais”. A alcaldesa de Narón valorou tamén no acto o feito de que a cuncha acústica permitirá a partir de agora programar novos concertos de música sinfónica e de cámara no Pazo “coa garantía de que o son chegue ao público coa máxima calidade que requiren este tipo de espectáculos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal