Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OBRADOIROS, MÚSICA, BAILE E XOGOS CENTRAN AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NA LUDOTECA MUNICIPAL DURANTE O NADAL
OBRADOIROS, MÚSICA, BAILE E XOGOS CENTRAN AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS NA LUDOTECA MUNICIPAL DURANTE O NADAL
A edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, incidiu en que para poder asistir é preciso inscribirse previamente nas instalacións, localizadas no barrio da Solaina
Narón, 11 de decembro de 2017. A Ludoteca municipal da Solaina acollerá unha gran variedade de actividades durante este Nadal. Así o anunciou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que destacou a calidade da programación e recordou ás persoas interesadas que para poder participar nas diferentes propostas é preciso inscribirse previamente, de balde, nas citadas instalacións, de luns a venres en horario de 19.00 a 20.00 horas. No caso de que as actividades se desenvolvan entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro, apuntou a edil, haberá que reservar praza –ata o 21 deste mes- na propia ludoteca ou chamando ao número de teléfono 981 399 284. A edil recordou que as persoas interesadas poden informarse tamén a través do Facebook das citadas instalacións (Ludoteca Municipal de Narón).
A vindeira semana, o día 21, haberá un obradoiro de elaboración de centros de mesa dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. A sesión, na que os participantes aprenderán a realizar centros con materiais naturais, terá lugar ente as 16.00 e as 19.00 horas. Tamén pola tarde haberá unha nova actividade o día 22 deste mes, un gran espectáculo de circo para rapazas e rapaces de 4 a 12 anos e que será de 17.30 a 18.00 horas.
A partir do día 26 as actividades programadas na ludoteca serán en horario de mañá, tal e como anunciou Taibo, e nesa xornada haberá xogos cooperativos e campionatos de xogos de mesa (parchís, xadrez, damas…) entre as 10.00 e as 13.00 horas e nos que poderán participar menores de 3 a 12 anos. A programación continuará no mesmo horario e para nenas e nenos desa idade o día 27, cun obradoiro de actividades artísticas; o día 28 cun contacontos e un obradoiro de maquillaxe e vestiario e o día 29 cunha festa de fin de ano na que cobrarán especial protagonismo as cantigas tradicionais destas datas.
No mes de xaneiro retomarase a programación de Nadal en horario de mañá, o día 2, con xogos deportivos; o día 3 coa celebración do Día Solidario, no que as nenas e nenos poderán intercambiar cos seus compañeiros xogos, xoguetes ou libros que non utilicen, e tamén haberá unha mostra de talentos, na que poderán amosar en público algunha habilidade que teñan, como tocar un instrumento musical, cantar, bailar, trucos de maxia… Os días 4 e 5 de xaneiro haberá un obradoiro de construción de xogos e xoguetes, proposta coa que se porá fin este ano á programación de Nadal da ludoteca municipal.
“Desde o goberno local tratamos de ofrecer unha gran variedade de obradoiros relacionados con diferentes temáticas e intercalalos con sesións de contacontos, música, baile e xogos para que as nenas e nenos teñan un espazo de lecer no que desfrutar destas datas de Nadal”, explicou Mercedes Taibo, que animou aos destinatarios da programación a inscribirse nas diferentes propostas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal