Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O BALLET CLÁSICO E A DANZA CENTRARÁN ESTA FIN DE SEMANA OS ESPECTÁCULOS DO PAZO DA CULTURA
O venres día 15 será o turno do Ballet Nacional Ruso de Sergei Radchenko, con "El Cascanueces" e o sábado 16 subirase ao escenario a compañía Aracaladanza, con "Vuelos"
Narón, 12 de decembro de 2017. O Ballet Nacional Ruso de Sergei Radchenko estará o vindeiro venres, día 15, no Pazo da Cultura, protagonizando o espectáculo de ballet El Cascanueces. A cita será a partir das 20.30 horas e as entradas están á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado –www.padroadodecultura.es- a un prezo único de 22 euros. A protagonista desta montaxe é Clara, unha nena que no Nadal recibe tres agasallos, un deles un cascanoces, que o seu irmán rompe. Pero inesperadamente eses xoguetes cobrarán vida por uns intres, facendo que a nena visite un mundo cargado de maxia. Durante dúas horas, os bailaríns de El Cascanueces deleitarán ao público cos seus movementos, transmitíndolles unha gran variedade de sensacións que trasladan ao espectador a un espectáculo de ballet moi actualizado. Na xornada do sábado, día 16, será o turno da compañía Aracaladanza, que levará ao Pazo o espectáculo Vuelos, de danza contemporánea. A partir das 20.00 horas o público infantil e familiar poderá gozar desta proposta cultural, cunha temática inspirada en Leonardo da Vinci, e máis concretamente na obsesión do recoñecido pintor italiano por voar. O prezo das entradas, xa á venda, é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e menores de 14 anos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal