Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN POÑEN EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN POÑEN EN MARCHA UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA
A iniciativa, que repartirá 1.600 euros en vales e catro cestas de Nadal, comezará o 15 de decembro e rematará o 8 de xaneiro, tal e como apuntou o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar
Narón, 12 de decembro de 2017. O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e Mónica Cereijo, en representación da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), presentaron unha nova edición da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, dirixida ao pequeno comercio da cidade. A partir do vindeiro venres, día 15, e ata o 8 de xaneiro desenvolverase nos establecementos adheridos –que se poderán consultar a partir de mañá a través da web: www.comerciodenaron.es-. Villamar destacou o “bo servizo e calidade dos produtos que se ofrecen nos comercios de Narón” e animou ás veciñas e veciños a realizar as súas compras de Nadal nos pequenos establecementos da cidade.
A campaña, que servirá para potenciar este sector nestas datas, repartirá 1.600 euros en premios. Os clientes recibirán polas súas compras unhas rifas que deberán depositar nunhas urnas que se instalarán nos comercios, e coas que poderán gañar algún dos vales que se sortean –dous de 500 euros e outros dous de 300- ou algunha das catro cestas de Nadal desta iniciativa. Os sorteos realizaranse nos propios comercios adheridos a esta proposta e as entregas dos premios terán lugar no Concello, ao igual que se fixo en anos anteriores. As datas previstas para o sorteo son os días 20 e 27 de decembro para as catro cestas de Nadal e 10 de xaneiro para os catro vales, que se deberán gastar en alomenos tres establecementos implicados nesta campaña, según recordou Villamar.
Os comercios que participan na campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” estarán correctamente identificados cun cartel, tal e como indicou Mónica Cereijo. A representante da ACN valorou a colaboración do Concello e recordou que os propietarios de establecementos aínda non adheridos a esta campaña poderán sumarse durante a duración da mesma a través da páxina web da Asociación de Comerciantes de Narón.
Así mesmo, a ACN en colaboración co Concello porá un ano máis en marcha, entre os días 26 e 29 de decembro, o Navitren, que percorrerá a estrada de Castela entre Xuvia e a Ponte das Cabras. A parada do Navitren, que estará operativo de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00, será na marquesina de buses localizada nas inmediacións do Concello, donde se subirán e baixarán os viaxeiros, tal e como apuntou Cereijo. Os tickets entregaranse coas compras nos comercios participantes nesta campaña e tamén se venderán, a un prezo dun euro, na parada do bus ao inicio da ruta.
“Un ano máis desde o Concello de Narón deseñamos unha variada programación de Nadal para animar e ambientar as rúas da cidade”, apuntou Villamar, que subliñou a “implicación dos establecementos que participan nesta campaña, coa que desde o goberno local queremos fomentar as compras nos seus comercios, donde se ofrecen produtos moi variados e de gran calidade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal