Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ O 23 DE DECEMBRO A "IX XORNADA MOTEIRA SOLIDARIA" E O "II NARÓN ROCK FESTIVAL"
A PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ O 23 DE DECEMBRO A
Os eventos inclúense na variada programación de Nadal deseñada polo Concello e que rematará o vindeiro 7 de xaneiro
Narón, 12 de decembro de 2017. As concelleiras de Festas, Mar Gómez, e Acción Social, Catalina García, presentaron esta mañá dous dos actos contemplados na programación de Nadal do Concello de Narón e que terán lugar o vindeiro 23 de decembro: a IX Xornada Moteira Solidaria e a segunda edición do Rock Narón Festival.
Na tarde do día 23, ás 16.30 horas, sairá da Praza de Galicia a comitiva da Xornada Moteira Solidaria, formada por uns douscentos moteiros que, acompañados de Papá Noel, dirixiranse a Santa Icía, á Praza da Gándara e pola estrada de Castela ata Xuvia, para regresar de novo sobre as 17.30 horas á Praza de Galicia. A concelleira de Acción Social e o presidente do Moto Club Fojeteiros, José López Quintián, destacaron o apartado solidario desta convocatoria, na que se reúnen alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Obradoiros de diferentes temáticas, actividades de educación viaria, inchables e unha chocolatada de balde para os moteiros disfrazados de Papa Noel e tamén para aquelas persoas que doen un quilo de alimentos, roupa ou xoguetes completarán a programación de tarde na Praza de Galicia. Ao longo da tarde recolleranse tapóns solidarios para a causa de Alba, “La Promesa”, tal e como recordou Quintián.
E tamén o día 23, xa pola noite, será o turno da música, cunha nova edición, a segunda, do Rock Narón Festival. A praza de Galicia acollerá baixo unha carpa o escenario no que actuarán, a partir das 21.00 horas, os grupos Oveja Negra –versións de Barricada-, Sin Tron ni Son –versións variadas de rock-, On Fire –de Jimmy Hendrix-, Black Yack –variadas de rock- e Riff Raff –de AC-DC-. Este ano o programa inclúe a actuación da lexendaria banda de rock madrileña Burning, tal e como anunciou a concelleira de Festas. O estilo de Burning combina á perfección estilos como o rock, o rythm and blues e o blues e conta con milleiros de seguidores. A entrada é de balde.
O presidente do Moto Club Fojeteiros agradeceu a colaboración do Concello de Narón nesta nova edición da Xornada Moteira Solidaria e a edil de Acción Social destacou tamén a implicación do citado motoclube local tanto con este evento como con moitos outros que, con carácter solidario se organizan a través do Concello durante o ano.
Catalina García e Mar Gómez animaron á cidadanía a asistir a estes eventos, destacando que “completarán unha programación deseñada desde o Concello e pensada para todos os públicos, na que se ofertan actividades e eventos propios destas datas para desfute de todas e todos os naroneses”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal