Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL ESTUDARÁN A PROPOSTA DE CONVENIO PLANTEXADA NUNHA REUNIÓN CON AUGAS DE GALICIA
Os alcaldes de Narón e Ferrol, Marián Ferreiro e Jorge Suárez, respectivamente, inciden en que ambos manteñen a vontade dunha colaboración do 70% para a cidade naval e o 30% restante o municipio naronés
Narón, 13 de decembro de 2017. Os alcaldes de Narón e Ferrol, Marián Ferreiro e Jorge Suárez, respectivamente, mantiveron esta tarde unha reunión con persoal de Augas de Galicia no edificio Administrativo da Xunta na Coruña -a instancias da petición formulada a pasada semana por parte dos dous rexedores dunha xuntanza urxente- para procurar unha solución ao conflito do saneamento. No transcurso do encontro o organismo autonómico plantexou a posibilidade de recoller nun acordo a tres bandas parte dos requerimentos formulados polas administracións locais, formulando unha proposta de convenio que agora se estudará desde ambos consistorios. Os alcaldes lamentaron o feito de que a proposta de Augas de Galicia “chegue cun importante retraso fronte ás previsións anunciadas na última xuntanza mantida entre as tres administracións”. Así mesmo, tras coñecer o plantexamento de Augas de Galicia, comprometéronse a someter a documentación presentada hoxe aos pertinentes informes dos servizos xurídicos municipais á maior brevidade e insistiron no feito de que “a vontade de colaboración dos dous concellos para a colaboración do 70% e o 30% -Ferrol e Narón- continúa vixente”. Ferreiro e Suárez urxen unha solución firme para garantir a viabilidade do saneamento ata que o servizo pase a ser Mancomunado. A proposta do convenio, tal e como se indicou desde Augas de Galicia a Ferreiro e Suárez, contempla o remate da vixencia do acordo entre Ferrol e Augas o día 1 de agosto de 2018 e contempla tamén a demanda formulada para que calquera asunto relacionado coa xestión da depuradora e tamén do resto de infraestruturas a partir desa data esixa a participación e aprobación dun documento a tres bandas, entre Augas de Galicia e os dous concellos implicados, Narón e Ferrol. Ao remate da reunión os dous rexedores locais subliñaron o feito de que Augas de Galicia “non pode eludir as súas responsabilidades nesta materia”, urxindo a este organismo a asumir e exercer as súas responsabilidades na materia na ría de Ferrol, a última de Galicia en contar cunha depuradora para tratar as augas negras e cuxos resultados a moi curto prazo xa se reflicten nas analíticas e na recalificación dos nosos bancos marisqueiros, fonte de emprego para 500 familias da zona. Os alcaldes de Narón e Ferrol quedaron emplazados a concretar unha nova xuntanza co persoal de Augas de Galicia unha vez que se estude xurídicamente a proposta de convenio plantexada polo organismo autonómico.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal