Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CONVOCOU UN OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA QUE SE IMPARTE NO CENTRO COMUNITARIO INTEGRADO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
O CONCELLO CONVOCOU UN OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA QUE SE IMPARTE NO CENTRO COMUNITARIO INTEGRADO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS
A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, visitou aos maiores que participan nesta primeira edición do obradoiro
Narón, 14 de decembro de 2017. A Concellería de Promoción Social e Igualdade, presidida pola edil Teresa Sabio, organizou este ano a primeira edición dun Obradoiro de Caligrafía dirixido ás persoas maiores. As clases comezaron xa nas instalacións do Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros, e o actual grupo, que esta mañá visitou a edil naronesa, está formado por trece persoas. Sabio animou ás veciñas e veciños a participar neste tipo de obradoiros organizados desde o Concello ao longo do ano.
Este obradoiro consta dun total de dez sesións, dunha duración de hora e media cada unha delas, nas que as mulleres e homes que acoden ás clases aprenden a escribir con letras artísticas e correctamente formadas, abarcando desde creacións utilitarias ata obras artísticas. Así mesmo, nas clases fanse introduccións prácticas no uso de plumillas, pincéis, ferramentas caligráficas e tamén se aprenderá a usar o trazo da construción de letras. As alumnas e alumnos que participan aseguraron sentirse moi satisfeitos con todo o aprendido durante as tres sesións que xa se celebraron e animaron ao Concello a continuar impulsando iniciativas deste tipo dirixidas ao colectivo.
“Os maiores que asisten a este obradoiro terán a oportunidade de practicar técnicas caligráficas e, ao tempo, entrear a súa motricidade, estimular os sentidos e mellorar a súa capacidade de concentración”, explicou Sabio. A edil de Promoción Social e Igualdade apuntou tamén que entre os obxectivos desta proposta municipal está o de favorecer a estimulación artística dos participantes, polo que animou ás persoas maiores de Narón a sumarse a esta proposta municipal.
Finalmente Sabio recordou que o vindeiro ano se prevé a convocatoria de novos Obradoiros de Caligrafía, así como manter e ampliar na medida do posible este tipo de propostas formativas dirixidas ás persoas maiores de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal