Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
JUAN CASAL MERA, VECIÑO DE FERROL, GAÑADOR DO PRIMEIRO PREMIO DO "VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CIDADE DE NARÓN"
O segundo e o terceiro premio recaeron en Fracisco Javier Rodríguez Fariñas e José Antonio Serantes Varela, ambos veciños de Narón, tal e como anunciou a concelleira de Turismo, Natalia Hermida
Narón, 14 de decembro de 2017. “Freixeiro Blues” é o título da imaxe presentada por Juan Casal Mera á oitava edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón que obtivo o primeiro premio deste certame. Tralo reconto da puntuación do xurado, do que formaron parte os fotógrafos Kiko Delgado, de El Correo Gallego; Jesús G. Taboada, propietario do estudo F64 Fotógrafos e Daniel Alexandre, de Diario de Ferrol, Juan Casal, veciño de Ferrol, alzouse cun premio dotado económicamente con 750 euros e que se entregará o vindeiro martes ás 13.00 horas no Concello, tal e como anunciou a concelleira de Turismo da cidade, Natalia Hermida. O segundo e o terceiro premio deste certame recaeron en dous veciños de Narón. Francisco Javier Rodríguez Fariñas conseguíu o segundo coa imaxe titulada “Casona San Román”, e José Antonio Serantes Varela o terceiro con “Vas a mirarme?”, dotados con 300 e 150 euros, respectivamente. A calidade técnico artística, a orixinalidade e a representatividade do concello de Narón foron os tres parámetros que valorou o xurado á hora de puntuar as imaxes presentadas. A concelleira de Turismo recordou que do total de fotografías presentadas a este concurso, 139, se seleccionaron as outras nove que obtiveron maior puntuación para ilustrar o calendario de sobremesa que editará o Concello para o ano 2018. “Queremos agradecer un ano máis o gran respaldo que está obtendo este certame fotográfico, non só entre a veciñanza de Narón, senón tamén doutros concellos da comarca e da provincia que cada ano presentan imaxes relacionadas coa nosa cidade para participar”, destacou Hermida. A edil naronesa indicou que nesta ocasión se recibiron fotografías de persoas de concellos como Fene, Pontedeume, As Pontes e A Coruña, entre outros, “o que amosa o gran seguemento que ten esta convocatoria entre os afeccionados e profesionais da fotografía”. Hermida destacou o feito de que “con este tipo de convocatorias, desde o goberno local tratamos de dar a coñecer dun xeito diferente, neste caso a través da fotografía, algúns rincóns máis ou menos coñecidos da nosa cidade, que en materia de Turismo ten moito que ofrecer”. As imaxes seleccionadas para o calendario de sobremesa poden verse a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/concurso-fotografia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal