Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O TRADICIONAL PRENDIDO DA "RODA DA LUZ" PECHARÁ OS ACTOS DA NOITE DA LUZ EN SEDES
O Padroado da Cultura de Narón e a AVV "Rosa dos Ventos" de Sedes organizan un ano máis a programación deste evento festivo
Narón, 14 de decembro de 2017. Os actos programados polo Padroado da Cultura de Narón e a AVV “Rosa dos Ventos” de Sedes para conmemorar a Noite da Luz continuarán celebrándose este sábado, día 16. A Feira do Trece acollerá a programación prevista para esa data, que dará comezo ás 18.30 horas coa saída da “Comitiva da Luz” dende a capela de Santa Lucía ata o Monte Esperón, donde ás 19.15 horas se prenderá a “Roda da Luz”. A concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, explicou que as veciñas e veciños de Sedes e doutras parroquias do concello e incluso doutras localidades se implican ano tras ano nesta celebración, o que agradeceu en nome do goberno local. “Cada persoa leva unha antorcha acendida dende a capela de Santa Lucía ata o Monte Esperón e unha vez alí, como cada ano, prenderanse trece fachos xigantes, en representación de cada unha das parroquias de Narón”, apuntou Espada. A programación da Noite da Luz comezou xa o pasado 9 de decembro no Centro Cívico Social de Sedes, donde ás 10.00 horas se celebrou un Obradoiro de Fachos Xigantes. Foi precisamente neses obradoiros, tal e como apuntou a concelleira de Cultura, donde se realizaron, en colaboración coa AVV “Rosa dos Ventos”, os fachos xigantes que se prenderán na noite deste sábado en Sedes. Unha vez remate esta proposta os participantes regresarán ao Trece, donde con motivo das festas parroquiais actuará a orquestra París de Noia, nunha celebración organizada pola comisión de festas de Sedes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal