Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS CONFRARÍAS DE FERROL E BARALLOBRE E CON COFER
O importe conxunto dos acodos rubricados pola rexedora municipal, Marián Ferreiro, e os presidentes das tres entidades ascende a 37.000 euros
Narón, 15 de decembro de 2017. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá tres convenios cos presidentes da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol, de Barallobre, Carlos Rey; da Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, Isabel Maroño, e da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), Cristóbal Dobarro. No acto estivo tamén presente o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar. O Concello de Narón destinará unha partida que en conxunto ascende a 37.000 euros para estes tres convenios de colaboración. A Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre percibirá das arcas municipais 15.000 euros; a de Pescadores e Mariscadores de Ferrol un total de 12.000 e Cofer os 10.000 euros restantes. Os representantes destas tres entidades agradeceron a colaboración do Concello de Narón, plasmada nesta ocasión coa sinatura destes convenios. A alcaldesa de Narón e o edil de Promoción Económica destacaron o traballo que realizan estas tres entidades, no ámbito do sector da pesca e marisqueo as confrarías de Ferrol e Fene e no empresarial Cofer. Así mesmo, Ferreiro incidiu na importancia de rubricar estes tres convenios, cos que desde o Concello se continuará contribuíndo a “apoiar tanto a actividade económica como o tecido industrial desta cidade e comarca, fundamentais para que poida seguir avanzando”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal